займ срочно

Abre a inscrición nas actividades dos Centros Socioculturais de Santiago

0

Compostela, 4 de setembro do 2019 – O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, presentou a programación da rede de centros socioculturais de Santiago para o último trimestre do ano.

Dende este martes xa se pode consultar na web municipal e nos propios centros socioculturais a programación das nove zonas de traballo e o procedemento de preinscrición, que se pode facer tanto online como achegándose aos centros correspondentes. Acompañaron ao concelleiro na rolda de prensa o responsable do Departamento de Centros Socioculturais, Enrique Vázquez, e as dúas técnicas responsables da programación, Guadalupe Rodríguez e Lourdes de la Cruz.

Sobre o relevo do coordinador

A preguntas dos xornalistas o concelliro, Javier Fernández, quitou importancia ao relevo das persoas que coordinaban o contrato con Ferrovial e quixo deixar claro que non era un cese, tan só un relevo de funcións. Por outra banda o protagonista involuntario, o novo coordinador Enrique Vázquez, dixo que o importante era prestar o servizo

As actividades  

O prazo de preinscrición nas actividades con límite de praza e pagamento estará aberto do 6 ao 17 de setembro. Se houbera máis peticións que prazas, realizarase un sorteo en cada centro o 19, e do 23 ao 28 formalizarase o pagamento. A maior parte das actividades comezarán na primeira semana de outubro.

En canto á programación, o concelleiro destacou varias novidades. Así, no eido dos programas vencellados ás artes escénicas, artísticas e culturais, subliñou un novo programa en torno ao folclore e á cultura popular, que se vai desenvolver en varios centros, especialmente no rural, en parroquias como Laraño, Bando, Aríns e Carballal, con grupos de baile e de pandereteiras para nenos e adultos.

Tamén salientou o proxecto de teatro comunitario, no que participan 15 grupos de teatro afeccionado dos centros, que ao remate de curso exhibirán o traballo realizado no Teatro Principal. Isto complétase cos espectáculos da Rede Cultural da Deputación da Coruña, agrupados baixo o título do programa Asómate ás artes 2019, e outros espectáculos diversos, comezando polos concertos que a Real Filharmonía de Galicia ofrecerá nos centros de Fontiñas e Vite os días 18 e 19 de setembro.

Outro dos programas máis populares é o do xadrez, que se seguirá potenciando, ao igual que os programas de saúde, as tardes de baile, as charlas divulgativas, o programa Descarbonízate, que non é pouco, os programas de educación en familia, o programa de excursións, as actividades das bibliotecas e clubs de lectura e dos espazos de xogo, actividades relacionadas coas novas tecnoloxías, etc.

Neste último trimestre do ano hai tamén citas tradicionais como a Semana Cultural de Conxo, ou un programa titulado Do barrio á casa, que se desenvolverá no Centro Sociocultural de Vite. Tampouco faltarán as actividades específicas relacionadas coa época do outono, coma o programa 12 doces de outono, ou as relacionadas co Nadal. Algúns destes programas específicos iranse presentando nas vindeiras semanas.

Javier Fernández rematou a súa intervención agradecendo “o traballo non só dos traballadores e traballadoras dos centros, senón tamén das asociacións veciñais, culturais e outras entidades que colaboran coas actividades organizadas polo Departamento ou coas súas propias, que complementan a oferta sociocultural”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies