A Real Filharmonía estrea este xoves unha peza da compositora galega Sofía Oriana

0

Compostela, 22 de outubro do 2019 – O concerto de este xoves da Real Filharmonía será especial xa que a orquestra estreará In memoriam, unha peza encargada a compositora galega Sofía Oriana Infante.

O encargo forma parte dunha iniciativa da Real Filharmonía para apoiar aos novos compositores galegos e a creación contemporánea. Tal como explica Sofía Oriana, “In memoriam está dedicada aos meus pais. A miña nai faleceu hai un ano e o meu pai cando eu tiña 8 anos, hai 22 anos. É unha obra que se constrúe en base ao recordo de ambos e a música axústase á imaxe que teño de eles”. A compositora remarca que é unha peza “profunda e delicada pero tamén esperanzada e enérxica. Lonxe de caer na típica escuridade  tenebrosa da morte e  regocijarme na dor e a soidade, aplícolle a miña propia perspectiva vital”.

Sofía OrianaSofía  é autora da banda sonora de diversas películas, entre elas Elisa e Marcela de Isabel Coixet. Comezou os seus estudos musicais aos oito anos no Conservatorio Xan Viaño de Ferrol. Ampliou a súa formación en Oviedo, onde estudou Composición; e logo trasladouse á Universidade de  Kingston en Londres para realizar un Máster en Composición para Cinema e Televisión. Na actualidade cursa o seu Doutoramento sobre a Intelixencia Artificial como ferramenta  compositiva e o Grao en Historia e Ciencias da Música, alternando con períodos de docencia en conservatorios e escolas primarias.

O virtuosismo de  Steven  Isserlis ao violoncelo

A continuación soará o Concerto para violoncelo do británico Edward  Elgar (1857-1934). A peza, que este ano cumpre o seu centenario, é a obra mestra do compositor e unha das máis importantes escritas para este instrumento. Interpretaraa o  violonchelista británico  Steven  Isserlis, un dos máis aclamados no panorama internacional actual.

Isserlis actúa coas orquestras e directores máis importantes do mundo como a Orquestra do  Gewandhaus de Leipzig, Filarmónica de Berlín, Filarmónica de Viena, Filarmónica de Londres,  Tonhalle de  Zúric ou Filarmónica de Los Ángeles. Ten un gran interese na interpretación histórica, á vez que é un gran expoñente da música contemporánea. En 2017 publicou un disco inspirado na Primeira Guerra Mundial coa pianista  Connie  Shih que reunía obras interpretadas cun violoncelo de viaxe que se tocou nas trincheiras.

Desde 1997 é Director Artístico do Seminario Internacional de Músicos en  Prussia  Cove (Reino Unido). Tamén lle gusta tocar para nenos, para os que escribiu historias musicais e publicado libros, que xa foron traducidos a varios idiomas. Gañador de numerosos premios, entre as honras que recibiu destaca o título de Caballero do Imperio Británico en recoñecemento aos seus servizos á música. Interpreta a maioría dos seus concertos co violoncelo Stradivarius “Marqués de  Corberon” ( Nelsova) de 1726, cedido pola Royal  Academy  of Music.

Chaikovski, tamén para os máis novos

O concerto concluirá coa Sinfonía nº 1 “Soños de inverno” de  Chaikovski (1840-1893), que describe unha viaxe entre a neve polas grandes extensións rusas. Esta obra repetirase o venres para o público máis novo nun concerto didáctico dirixido tamén polo mestre  Paul Daniel, coa colaboración do actor Miguel  Guido como narrador.

O público poderá conversar con  Paul Daniel e coa compositora Sofía Infante

Antes da celebración do concerto de abono do xoves, o público poderá manter unha charla previa co director  Paul Daniel e a compositora Sofía Infante. A cita será ás 19:45 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia “Convers@ndo con”, que a Real  Filharmonía de Galicia promove antes de cada concerto, coa finalidade de achegar a música ao público de maneira informal e distendida. Poderase participar neste encontro presentando a entrada do concerto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial