займ срочно

A Real  Filharmonía recibe esta semana ao pianista Dmytro Choni

0

Compostela, 15 de outubro do 2019 – O pianista ucraíno  Dmytro Choni toca esta semana coa Real  Filharmonía de Galicia o “Concerto para piano  nº 2” de  F.  Chopin.

Serán dous concertos. O xoves 17 será en Santiago, na súa sede, o Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. E o venres 18 desprazarase a Lugo, onde tocará no Círculo das Artes da cidade, ás 20:00 horas, no marco da colaboración que a orquestra mantén coa Sociedade Filarmónica de Lugo. Ademais de Dmytro Choni ao piano, a batuta de ambos os concertos levaraa o director asociado da  RFG, Maximino  Zumalave.

Talento ao piano

Baixo o título “Norte, Sur e Leste” o programa destes concertos comezará coa Abertura “En estilo italiano” de Franz Schubert (1797-1828).

A continuación soará o Concerto para piano nº 2 de  Frédéric  Chopin (1810-1849), que será interpretado polo mozo pianista ucraíno  Dmytro  Choni, de tan só 26 anos. Gañador do primeiro premio no Concurso Internacional de Piano de Santander en 2018, preséntase como unha das promesas máis relevantes da súa xeración. O seu talento foi recoñecido en diferentes certames internacionais de piano en Italia, Ucraína, Alemaña, Suíza, Estados Unidos ou China.

dmytro choniComo solista actuou con diversas orquestras sinfónicas como a da República de San Mariño, a do  Vallès, RTVE, Nacional de Ucraína, a de  Suzhou en China ou a de Phoenix; baixo a dirección de grandes mestres. Tamén traballou no campo da música de cámara, tocando xunto a recoñecidos artistas.

Naceu en  Kiev en 1993. Recibiu a súa primeira lección de piano aos catro anos. Formouse na súa cidade natal e na actualidade estuda na Universidade de Música e Artes Escénicas de  Graz en Austria. Os seus compromisos desta tempada levarano a debutar en recital no prestixioso  Wigmore Hall de Londres e no Festival Internacional  Cervantino de  Guanajuato (México). En España poderémolo escoitar, ademais de xunto á Real  Filharmonía de Galicia, coa Orquestra da Comunidad de Madrid, entre outras.

A Sinfonía “Escocesa” de  Mendelssohn

Os concertos de Santiago e Lugo concluirán coa Sinfonía nº 3 “Escocesa” do compositor romántico alemán Felix  Mendelssohn (1809-1847). Ideouna durante a súa primeira viaxe a Gran Bretaña e está dedicada a Réinaa Vitoria.

O público de Santiago poderá manter un encontro previo co mestre Maximino  Zumalave

Antes da celebración do concerto do xoves en Santiago, o público terá a oportunidade de manter unha charla previa co director Maximino  Zumalave. A cita será ás 19:45 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia “Convers@ndo con”, que a Real  Filharmonía de Galicia promove antes de cada concerto, coa finalidade de achegar a música ao público de maneira informal e distendida. Poderase participar neste encontro presentando a entrada do concerto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies