займ срочно

Salgueiriños e Amio reabren esta semana

0

Compostela, 25 de maio do 2020 – A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou o pasado venres autorizar a reapertura do mercado de gando de Amio e o ambulante de Salgueiriños.

No caso de Amio deberán seguir as indicacións da Consellería de Medio Rural para o sector agropecuario e a reapertura estará condicionada ao cumprimento das mesmas. En canto a Salgueiriños, que depende de xeito directo do concello, se toman distintas medidas na colocación do mercado que eran explicadas polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa posterior á reunión

 Salgueiriños e Amio reabren esta semana

Mercado de Amio

Plans de desescalada

A Xunta de Goberno extraordinaria aprobou ademais plans de desescalada en servizos municipais como a rede sociocultural, as oficinas de información turística e as instalacións deportivas. En todo caso o concello matizará estes plans para adaptalos ao decreto de comezo da fase 2.

Quedan pendentes plans en materia educativa que están a expensas das decisións que debe adoptar a Xunta de Galicia.

Centros Socioculturales

Un dos ámbitos nos que se fixan etapas de desescalada é o sociocultural, no que se prevé unha “plena normalización” das instalacións para o 2 de xullo.

Hoxe luns abrirán os centros de Vite, Fontiñas e o Ensanche ademais da Casa das Asociacións. O 14 de xuño sumaranse outros catro centros e seguirá o proceso ata o mes de xullo.

Festas do Apóstolo

Sen abandonar o ámbito cultural e preguntado polas festas do Apóstolo, o alcalde afirmou que, “salvo rebrote”, estas vanse celebrar, cos “formatos e contidos axeitados á nova normalidade, evitando concentracións masivas de persoas”. O que si descartou foi a celebración do espectáculo de luz e son dos fogos do Apóstolo e anunciou que o Consorcio destinará o importe destinado a esa parte audiovisual, uns 100.000 euros, ao seu programa de axudas a comercio e hostalería. O Concello segue estudando as posibilidades de realización da parte pirotécnica dos Fogos.

Oficinas turísticas e instalacións deportivas

O 15 de xuño é a data escollida para abrir as oficinas de información turística, tanto a da rúa do vilar como a do aeroporto. En calquera caso, indicou Sánchez Bugallo, esta apertura coordinarase coa Xunta de Galicia, para que tanto as oficinas municipais como as autonómicas abran ao mesmo tempo.

En materia de instalacións deportivas tamén se contemplan varias etapas de apertura, do 25 ao 31 de maio, do 1 ao 7 de xuño, do 8 ao 14 de xullo…para recuperar a “nova normalidade” a partir do mes de xullo.

Seguindo cos deportes, na xuntanza extraordinaria deste venres aprobouse a prórroga do contrato de mantemento de campos de fútbol municipais e zonas anexas, e do de conserxería e limpeza de instalacións deportivas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies