Unha web de reclamacións inclúe ao aeroporto de Santiago entre os 10 máis conflitivos

0

Compostela, 2 de agosto do 2019 – A web Reclamador.es, dedicada a asesoramento legal en reclamacións de consumidores, ven de emitir un informe no que sitúa ao aeroporto de Santiago entre os dez máis conflitivos de España.

Según os datos remitidos por esta páxina o aeroporto foi o décimo máis conflitivo no último verán. O primeiro posto o ocupa o Josep tarradellas – O Prat de Barcelona, o segundo o Adolfo Suárez de Madrid, e o terceiro o de Palma.

O que xa é o aeroporto Rosalía de Castro foi o máis conflitivo da metade norte peninsular. Con 875 pasaxeiros con incidencias pecha a clasificación. As queixas máis habituais foron por atrasos e cancelacións nos voos.

Reclamador.es

Esta web naceu no ano 2012 e leva 60.000 casos resoltos e 40 millóns de euros de indemnizacións conseguidos ata o momento, traballa cunha taxa de éxito do 98% e baixo un modelo Non  Win, Non  Fee, é dicir, só cobra se gana. A compañía ofrece todos os seus servizos  online e xestionou xa 266.000 reclamacións con 180 millóns de euros reclamados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial