A Xunta faise cargo dunha posible virxe gótica de pedra atopada no Sar

0

Compostela, 16 de xuño do 2020 – Este luns comezaron os traballos para recuperar a estatua dunha posible virxe gótica atopa no río Sar por un pescador.

A virxe será trasladada ao Museo das Peregrinacións e de Santiago, onde será depositada e estudada en profundidade para determinar o seu valor patrimonial.

Hipóteses iniciais arredor da peza

Provisionalmente, os especialistas consultados explican que a obra, realizada en granito, podería encadrarse no estilo gótico galego. A escultura está tallada en catro das súas cinco faces e representa a unha virxe entronizada co Neno. A ambas bandas da virxe, nos seus ombreiros, xorden dous anxos (putti) e, se ben están bastante desgastados, apréciase o rostro e a man de cada un deles suxeitando algún obxecto ou o propio manto da Virxe.

A Xunta faise cargo dunha posible virxe gótica de pedra atopada no Sar

Os investigadores sinalan que se poida tratar dunha talla suspendida, que se situaría embutida nunha parede, quedando na súa practica totalidade ao aire. Esta posibilidade vén reforzada pola decoración que presenta a peza na base, describindo unha flor de catro pétalos central e follas de acanto entrelazadas, que non tería sentido se estivera apoiada noutra estrutura. Obsérvase que tanto a cara da Virxe como a cabeza do neno desapareceron. Probablemente, por un impacto antigo tendo en conta o desgaste dos bordes das arestas da rotura feito co obxecto de desacralizar a peza.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañados por responsables da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL) e do responsable do achado, supervisaron o a recuperación.

A Xunta faise cargo dunha posible virxe gótica de pedra atopada no Sar

O titular de Cultura agradeceu a estreita colaboración e a dilixencia no proceder de APATRIGAL, mediadora neste caso entre a persoa responsable do achado, un particular que estaba a practicar a pesca deportiva na zona, e a Administración autonómica. Así mesmo, destacou a dilixencia e precisión “que garantan a integridade da peza” na recuperación e traslado da devandita escultura. A peza atopábase no leito do río Sar, nun treito con pouco caudal situado na parroquia de Conxo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial