Compostela pode deixar de ingresar 6 millóns de euros pola crise do Covid19

0

Compostela, 12 de maio do 2020 – A crise do Covid19 está aumentando os gastos dos concellos é ao mesmo tempo reducindo os ingresos, no caso de Santiago a intervención calcula esta perdida en 6 millóns de euros.

A liquidación do orzamento 2019 deixaría unha capacidade de gasto adicional de máis de 13 millóns pero intervención bloqueará máis de 6 pola redución de ingresos derivada da crise do Covid19. Según o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, é unha previsión razoable que terase que ir revisando cada trimestre

A maiores de esta circunstancia, nos dous últimos meses o concello tivo gastos extraordinarios de máis de un millón e medio de euros que tamén terán que ser reservados da cantidade derivada da liquidación do 2019.

4 millóns sen destino

Deducida a previsión por redución de ingresos e os gastos extraordinarios quedarían cerca de seis millóns dispoñibles da liquidación do 2019. Algo máis dun millón son para gasto social coa autorización do estado reflectida no decreto de uso de superavit para gasto social.

Quedarían catro millóns pero o seu uso depende de que o estado o autorice a través dun decreto. Na actualidade aplicando a Lei Montoro eses cartos terían que destinarse a amortización anticipada de créditos.

Todas estas cuestións serán debatidas no pleno que se celebrará este xoves as cinco da tarde.

Volta ao traballo presencial

A Xunta de Goberno tamén aprobou a proposta de instrucións para a incorporación gradual do persoal municipal ao traballo presencial. Esta semana xa se irán incorporando algúns traballadores e traballadoras e, a partir da semana próxima, sumarase, con carácter xeral, todo o persoal que non estea en teletraballo. O alcalde calcula que, na semana do 25 de maio se recuperará o funcionamento ordinario da Administración local.

Outros acordos

Ademais, na xuntanza deste luns, o Goberno local aprobou dous novos contratos con supermercados para garantir o uso do tícket especial de compra, validouse o decreto de terrazas asinado pola Alcaldía o pasado venres e deuse orde de continuidade ao servizo de mantemento de parques e xardíns, cuxo contrato finalizou o pasado 30 de abril, pero que seguirá prestándose pola mesma empresa ata que se produza a licitación e adxudicación do novo contrato. Tamén se deu o visto bo a un convenio con “la Caixa” e Arela de apoio pedagóxico e impúxose unha sanción de 1.200 euros á empresa que executou a obra do pavillón de Lavacolla, polo retraso de 28 días no remate da mesma.

Finalmente, acordouse ampliar o prazo para que as comisións de festas dos barrios e parroquias de Compostela poidan solicitar axudas para as festas patronais. O prazo, que remataba en maio, amplíase ata o 20 de agosto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial