Compostela reforza a recollida de lixo no casco vello

0

Compostela, 17 de xuño do 2019 – A Concellaría de Convivencia e Medio Ambiente reforza ata setembro a recollida de lixo no casco antigo de Compostela.

Este reforzo é consecuencia do incremento da actividade comercial e hostaleira na tempada de verán. O obxectivo é  mellorar a limpeza e ornato das rúas e faise cunha dobre recollida do lixo dende hoxe mesmo e ata o 16 de setembro.

Os residuos deberán sacarse á rúa en bolsas pechadas e introducirse dentro dos contedores, co seguinte horario:

– Vivendas particulares e comercios (agás hostalería), a partir das 20:30 horas.

– Locais de hostalería, a partir das 1:00 horas.

O Concello de Santiago agradece a colaboración no cumprimento da norma e o do horario, sen a cal esta dobre recollida non obtería os resultados para os que foi deseñada.

Relación de rúas e prazas con dobre recollida: San Francisco, Obradoiro, Fonseca, Praterías, Conga, Xelmírez, rúa Nova, Toural, Bautizados, Franco, Raíña, rúa do Vilar, Rodrigo de Padrón, San Clemente, Trindade, Hortas, Pombal e Carretas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial