Martiño Noriega e Rafa Peña renuncian aos cargos de concelleiros

0

Compostela, 15 de xullo do 2020 – Martiño Noriega e Rafa Peña renuncian a acta de concelleiros que acadaron por Compostela Aberta hai un ano.

Martiño Noriega e Rafa Peña renuncian aos cargos de concelleirosA renuncian como concelleiros en Compostela farase efectiva no próximo pleno municipal. Según explicaron en rolda de prensa eran decisións tomadas hai tempo. No caso de Rafa Peña a marcha foi posposta pola pandemia pero estaba decidida desde marzo.

Peña asumirá labores sindicais dentro da CIG no aeroporto Rosalía de Castro onde traballa. O explicaba ante os medios de este xeito

O concelleiro agradeceu ter formado parte de Compostela Aberta e foi moi gráfico dicindo que “foi un pracer sangrar xunto a Martiño”

Noriega pola súa banda explicou que hai un ano xa anunciara que non estaba nas súas previsións rematar a lexislatura. Cre que é o momento de deixar que outros asuman o liderazgo e mostrouse ledo de ter sido alcalde e de que “as veces David gañe a Goliat”

Martiño Noriega seguirá co seu traballo de médico de familia aínda que non deixará de participar en política, polo momento desde a rúa.

As actas serán ocupadas por María Rozas e Xan Duro que xa foran concelleiros na anterior lexislatura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial