Santiago(é)Tapas 2019 selecciona aos participantes

0

Compostela, 24 de outubro do 2019 – Un xurado profesional selecciona estes días as tapas que participarán na edición 2019 do Santiago(é)Tapas e da primeira edición do Santiago(é)Cóctel.

Jorge Gágo de A Maceta prepara uns “salmonetes empadronados”

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, a vicepresidenta da Asociación Hostalería Compostela, Rita Sobrado, e o membro da directiva da Asociación, David Dopazo, visitaron a sede da entidade onde se están a realizar as probas de selección das tapas e cocteis que participarán.

Durante tres días un xurado profesional estase ocupando de avaliar a calidade das propostas para decidir se poden participar nos concursos. Optan a elo máis de 70 locais cun centenar de tapas e unha vintena de cocteis. Este equipo de preselección debe valorar que as propostas respondan ao concepto de tapa, entendendo por esta unha pequena porción de alimentos elaborados para acompañar cunha bebida. Non serán aceptadas aquelas que en realidade sexan racións ou medias racións e as que, ao seu xuízo, non ofrezan unha calidade mínima. Tampouco serán válidas para o concurso as tapas que habitualmente se sirvan de balde nos locais, aínda que se lles realizaran pequenas modificacións.

O xurado tamén debe comprobar que as tapas inclúan na súa elaboración, cando menos, un produto pertencente a algunha das denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas de Galicia. No caso dos cócteis será imprescindible que inclúan na súa elaboración, cando menos, un produto galego.

A organización comunicará aos locais a admisión ou non das tapas/cócteis presentados ao concurso. En caso de que a resolución sexa negativa, daráselles un prazo para presentar unha nova proposta ou ben mellorar a xa presentada. Se non se cumpren os requisitos mínimos, a tapa/cóctel poderá ser excluído do concurso. 

Tradicional e creativo

A duodécima edición de Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalería Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou, celebrarase do 14 de novembro ao 1 de decembro. Entre todas as tapas participantes seleccionaranse dez finalistas que competirán na final prevista para os días 6, 7 e 8 de decembro.

Establécense dúas modalidades de tapas: tapa tradicional, cun prezo de entre 1 e 2 euros, e tapa creativa, de entre 2 e 3,50 euros. Enténdese por tapa creativa aquela que utilice produtos, técnicas de elaboración e presentación innovadoras. Así mesmo, haberá un premio maridaxe Mahou, no que poden participar ambas as dúas modalidades, sempre que o seu consumo se maride con calquera das distintas cervexas de Mahou.

Tamén entre o 14 de novembro e o 1 de decembro terá lugar o I Santiago(é)Cóctel, un concurso de cócteles organizado pola Asociación Hostalería Compostela. Neste concurso establécense dúas modalidades de cocteis: cóctel clásico, cun prezo fixo de 5 euros, e cóctel creativo, cun prezo de 6 euros.

Premios

Entre todas as tapas presentadas outorgaranse, mediante o voto ponderado do xurado profesional e do público, un primeiro e un segundo premio á tapa creativa, dotados con 1.000 e 500 euros, respectivamente; un primeiro e un segundo premio á tapa tradicional, tamén con 1.000 e 500; e un premio maridaxe Mahou, con 500 euros en produto e un showcooking nun evento Mahou. Tamén se outorgarán os premios do público á tapa creativa e á tapa tradicional, dotados con 700 euros cada un.

Así mesmo, premiaranse dous cócteis, un creativo e un clásico, con 500 euros cada un. Ademais,  tamén haberá premios para os consumidores, que poderán optar a eles por completar as diferentes (é)tapas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial