A Xunta de goberno de Compostela autoriza o inicio do procedemento de revogación da licenza da planta de Miramontes

0

Compostela, 24 de febreiro do 2018 – A Xunta de Goberno acordou incoar o procedemento de revogación de licenza de obras concedida para a construción da planta de tecnosolos de Miramontes, ao estimar que non se manteñen as condicións que motivaron a concesión dese permiso.

O alcalde Martiño Noriega explicou que a decisión tomouse en base aos informes da Consellería de Medioambiente aínda que aclara que se trata dun procedemento complexo e non se poden xerar falsas expectativas

Noriega explica tamén que se traballará conxuntamente coa Consellería que é a competente en temas medioambientáis pero que si hai incumprimento se revogará a licenza

A licenza de obras para a construción da planta de tecnosolos de Miramontes foille concedida á empresa Áridos CNC en maio de 2016, despois da autorización da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia. Nos seus informes previos, o departamento autonómico concluía que non eran previsibles “efectos significativos sobre o medio ambiente”, e polo tanto nin sequera se considerara necesario someter o proxecto á avaliación de impacto ambiental ordinaria. A revogación da licenza de obras por parte do Goberno Local é posible despois de que a Consellería de Medio Ambiente acreditara os incumprimentos que se veñen producindo na actualidade. No escrito presentado o pasado 9 de febreiro, o departamento autonómico refírese a que as instalacións superan a súa capacidade de tratamento, almacénanse residuos fora da planta e non queda acreditado que o tratamento que reciben sexa o adecuado, xa que se producen lixiviados e malos olores. A Consellería tamén confirmou que en Miramontes se está a aplicar tecnosolo en parcelas non autorizadas, e que se almacenan residuos en lugares non autorizados fora da propia planta, entre outros incumprimentos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial