займ срочно

Plan Director para o proxecto Compostela Rupestre

0

Bisbarra, 9 de xuño do 2020 – O proxecto Compostela Rupestre segue dando pasos cara a súa posta en marcha e saca a licitación o Plan Director de Xestión cun investimento previsto de 95.567,01€.

Compostela Rupestre será o parque arqueolóxico da bisbarra de Santiago. En el participa a Deputación da Coruña xunto cos concellos de  Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra.

Plan Director para o proxecto Compostela Rupestre

Un dos petroglifos situado en Teo

A xuntanza do Consello Director de Compostela Rupestre reuniu ao responsábel de Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Luís Penas xunto con representantes dos concellos implicados no proxecto entre os que se atopaban o tetente alcalde de Ames e actual presidente da comunidade, Rupestre, David Santomil e ás concelleiras de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón; de Brión, Yolanda Bouzas; e de Teo, Maite Argibay e Iria Otero ademais de representantes da área de Turismo da Deputación da Coruña.

Na reunión concretáronse os termos en que se contratará a elaboración do Plan Director. Os pregos contemplarán un programa de actuacións nos petroglifos e na contorna próxima e incluirá un plan específico de documentación e investigación, un plan de protección, conservación preventiva e de mantemento e un plan de divulgación, comunicación e musealización.

O prazo de execución de será de 6 meses e proponse a creación dun equipo multidisciplinar. Na xuntanza abordouse tamén a necesidade de destacar

a sinalización e deseño de roteiros que permitan e faciliten a interpretación da arte rupestre e a súa relación co entorno natural e patrimonial no que se atopan, dixitalización 3D dos petroglifos e integración na web do proxecto  e a dispoñibilidade á posíbel adquisición de terreos de interese para o parque arqueolóxico.

“A xuntanza deu un paso adiante imprescindíbel no desenvolvemento do proxecto no que estamos implicados cinco concellos ademais da Deputación da Coruña que se consolidará coa elaboración do Plan Director que trazará a folla de ruta para a consolidación do parque e a conservación e posta en valor do extraordinario patrimonio arqueolóxico da comarca”, sinalou o tenente alcalde de Ames e actual presidente do Consello Director de Compostela Rupestre.

Pola súa parte, o deputado de Patrimonio e Contratación, Xosé Luís Penas, destacou a “colaboración que se está a desenvolver man a man por cinco concellos máis a propia Deputación á hora de executar conxuntamente un proxecto que ten un grande interese non só en relación directa co propio patrimonio senón tamén co desenvolvemento económico da zona xa que non hai dúbida de que a riqueza patrimonial pode xerar tamén beneficios para os municipios”.

A cooperación entre a Deputación da Coruña e os concellos de Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra co fin de desenvolver o proxecto “Parque Compostela rupestre” selouse coa sinatura do convenio de colaboración o día 18 de setembro de 2018. . As institucións implicadas comprometíanse a xestionar, de maneira conxunta, a promoción e posta en valor da arte rupestre dos seus termos municipais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies