займ срочно

Compostela Rupestre podería ser unha realidade nun ano

0

Bisbarra, 3 de maio do 2018 – Representantes de Santiago, Ames, Teo, Val do Dubra e Brión reuníronse coa Deputación da Coruña para impulsar a creación do parque arqueolóxico  Compostela Rupestre.

Os cinco concellos que asistiron a xuntanza teñen xa aprobada en pleno a integración en Compostela Rupestre, a eles poderían sumarse ademais Boqueixón e Vedra. As previsións son de que o proxecto se presente ao seguinte pleno da Deputación para posteriormente asinar tódalas institucións o convenio de colaboración. A iniciativa estará dotada con 500.000 euros para o seu desenvolvemento.

O responsable de Turismo e Patrimonio da Deputación, Xosé Regueira, sinalou que “Para nós é unha honra que xa cinco concellos se sumen a este proxecto de posta en valor do patrimonio rupestre, unha iniciativa que forma parte do itinerario da Deputación en que se inclúe o proceso para o proxecto do primeiro xeoparque en Ortegal e o Parque do Megalitismo da Costa da Morte”. Para Regueira o Val da Maía é un “territorio moi rico patrimonialmente e temos oportunidade de dar pasos firmes para que ese tesouro sexa rendíbel socialmente”.  O concelleiro de Santiago, Jorge Duarte, agradeceu o papel da Deputación á hora de “impulsar este proxecto que nace de traballos previos da agrupación A Rula e que co compromiso de creación da mancomunidade e a dotación de 500.000 euros comprometidos permitirá poñer en marcha o parque”.

Os primeiros investimentos dirixiranse por un plan de actuación que permita priorizar a compra e limpeza de parcelas e a licitación dun plan director ademais da elaboración do proxecto museográfico do xa existente Centro de Interpretación de Villestro. Na xuntanza estudouse un primeiro calendario de constitución que pasa pola aprobación no pleno da Deputación e posterior sinatura do convenio marco a partir do que se convocará en quince días a primeira xuntanza do comité de dirección que estaría presidido polo Concello de Compostela no seu primeiro ano. O deputado Xosé Regueira estimou que no prazo dun ano o parque “poda estar xa sinalizado e bastante configurado”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies