O funk chega desde Cuba este domingo con Cimafunk

0

Compostela, 29 de outubro do 2019 – Este domingo, oito da tarde, o cubano Cimafunk dará un concerto na Sala Capitol de Compostela.

Cimafunk toma o seu nome do estilo musical e dos “cimarróns”, os escravos que fuxían para vivir libres no monte. En pouco tempo converteuse nunha referencia musical na illa caribeña; hai dous anos producía o seu primeiro disco (Terapia 2017) nun estudo caseiro e hoxe a revista Bilboard di del que é a “revolución cubana” e o sitúa entre os dez artistas latinos aos que seguir.

CimafunkSingle en boa compañía

Este venres estrea “El Potaje”, un novo single no que asume o reto de producir un tema con lendas como Omara Portuondo, Chucho Valdés, Pancho Amat e a Orquesta Aragón. A canción, composta para o Día da Cultura Cubana, é unha homenaxe ao pasado, ao presente e ao futuro da música cubana.

A música

A súa música caracterizase pola fusión do funk coa música cubana e cos ritmos africanos. Agora, é imposible andar por La Habana sen escoitar o seu tema “Me Voy”

 

Cantante, compositor e produtor, Cimafunk ofrece unha mestura sutil e audaz de funk con música afrocubana, unha rareza no panorama musical da illa. Reivindica as súas orixes africanas e pretende mesturar na súa proposta distintas estéticas musicais negras como o funk, o blues, a rumba, o son e o cha cha chá. Orgullosa do seu pasado, a sua música diríxese ao futuro, arrasa coas clasificacións e apodérase dos corpos durante concertos eléctricos.

O directo

Cimafunk

Processed with VSCO with c2 preset

Cimafunk preséntase ao vivo co seu vestiario vintage; o show é un elemento imprescindible á maneira dos iconos do funk setenteiro ou das big bands cubanas dos anos cincuenta como Benny Moré. Con oito músicos, cultiva unha alquimia sabrosa feita dun groove eficaz e de improvisacións musicais, vogais e de baile. Este espectáculo estelar e altamente bailable non deixa a ninguén indiferente. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial