Este xoves no Riquela estrease Imprómicas

0

Compostela, 30 de outubro do 2019 – A noite de Samaín de este ano terá unha compoñente cómica na sala Riquela coa estrea do espectáculo Imprómicas de Remolacha Producións.

Imprómicas é o que o nome indica, un formato que reúne a improvisación e o monólogo. O formato será defendido por 4 mulleres con diferente formación e percorrido no mundo das artes. Elas son Antía Costas, actriz, cómica e pandereteira; Cata  Ukelele,  monologuista e con formación en artes plásticas e escultóricas;  Dj  Jackinsane, cómica, ilustradora e artista en si mesma e Gala-Martínez Romero, xornalista en proceso de reconversión a actriz e cómica.

imprómicasSegún din será “unha noite de risas na que divertirse con temas de actualidade, parvadas varias, temas importantes, outros completamente irrelevantes e se a cousa anímase poida que ata algunha canción…”

As entradas xa están á venda no local ( Riquela – Preguntoiro, 31).

Remolacha Producións nace en setembro de 2019 e é unha produtora capitaneada pola xornalista e actriz Gala Martínez-Romero. Remolacha cre que a arte nos fará libres e que se hai algunha maneira de cambiar o mundo esta pasa polos escenarios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial