Sánchez Bugallo asume en Compostela as competencias en educación

0

Compostela, 7 de setembro do 2020 – Tras a marcha da concelleira Noa Díaz ao Parlamento de Galicia o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, asume as competencias en educación.

Á espera dunha remodelación de competencias coa incorporación de Rubén Prol, Bugallo encargarase da área de educación desde hoxe luns. Precisamente esta mañá reúnese cos directores dos CEIP da cidade.

En todo caso Bugallo explica que xestionará esta área coa participación de todo o goberno municipal “para garantir que se cumpran os retos que nos esperan nas mellores condicións”.

O alcalde pon tamén o acento no que supón o inicio do curso xa que  á apertura das escolas infantís e dos colexios súmase o comezo do curso en secundaria, bacharelato, FP e na Universidade, “cunha característica: que boa parte do alumnado virá de fóra”

Bugallo insistiu, como fixo nas últimas comparecencias, en que Santiago non é unha illa polo que era difícil que os contaxios non chegaran a cidade pero lembrou que “a incidencia estatística en Santiago é inferior a outras áreas” e volveuse a referir aos problemas da Hostalería “Pídennos unha interpretación aberta e xenerosa pero é difícil porque se trata de normas moi restritivas. Non obstante, os servizos xurídicos do Concello están estudando a forma de facer posible o cumprimento escrupuloso da norma evitando xerar danos a maiores en sectores xa golpeados, tendo en conta que garantir a seguridade é a prioridade absoluta”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial