Santiago Centro organiza un concurso de Selfies

0

Compostela, 1 de xullo do 2020 – A Fundación Santiago Centro segue promovendo a compra no comercio local e agora destina 1.500 euros a un único premio nun concurso de selfies.

“Este verán duplica o teu soldo con Santiago Centro”, título da promoción, desenvolve o concurso nas redes sociais. Os selfies terán que facerse diante do cartel identificativo da campaña, que viaxará en bicicleta polas rúas do Ensanche desde hoxe ata o 15 de xullo.

Santiago Centro organiza un concurso de SelfiesAs localizacións da bicicleta co cartel poden consultarse xa na web https://santiagocentro.gal/. A imaxe terá que identificarse cos hashtags #santiagocentro e #eucomprolocal.

Santiago Centro conta co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial da Coruña nesta acción. Despois da durísima parada de actividade que supuxo para todos os comerciantes a crise do Covid‐19,

a Fundación quere axudar a que a alegría regrese ás rúas do Ensanche e, con ela, animar á veciñanza a realizar as compras que quedaron adiadas pola pandemia. Tamén quere atraer á zona a veciños e foráneos que elixan Compostela como lugar para pasar a primeira quincena de xullo nun verán no que se prevén menos desprazamentos vacacionais, ou cando menos viaxes de menor duración e distancia.

Santiago Centro organiza un concurso de SelfiesEntre todas as fotografías, Santiago Centro sorteará un único premio de 1.500€ que se repartirán en varios vales de compra, para que o gañador poida facer uso deles nos establecementos asociados, que tamén se poden consultar no portal do Centro Comercial Aberto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial