займ срочно

Santiago Centro non cobrará as cuotas e pide apoio para o comercio

0

Compostela, 18 de marzo do 2020 – O Centro Comercial Aberto Santiago Centro decidiu non cobrar as cuotas aos socios e reclama das administracións apoio para o comercio.

O presidente do Centro Comercial Aberto, José Mª Fernández, reafirma o compromiso na loita contra o Coronavirus, pero pide medidas para un sector “formado por autónomos e pequenas empresas con empregados”.

Santiago Centro directiva

José Mª Fernández nunha rolda de prensa de Santiago Centro

Santiago Centro, Área Comercial, deixa de cobrar temporalmente as cotas aos seus asociados, ata que o comercio de proximidade e a hostalería poidan volver abrir e recuperar a actividade normal. A

Fundación informa tamén de que a oficina de atención aos socios permanece pechada. O persoal segue traballando desde os seus domicilios, e deste xeito Santiago Centro segue dispoñible por vía telefónica ou nos enderezos de correo electrónico habituais. Desde a Fundación estase recompilando toda a información que poida ser útil para que o comercio retallista faga fronte a esta crise.

O presidente de Santiago Centro, José Mª Fernández, apunta que os comerciantes “están plenamente comprometidos coa necesidade de conter a pandemia, como se demostra na rápida decisión de todos de pechar os establecementos”.

Porén, recorda ás Administracións que “tamén temos que pagar nóminas, a Seguridade Social e o IVE, e precisamos saber canto antes o que vai facer o Estado con respecto a estas cuestións”. “Hai que ter en conta”, recorda, “que o noso sector está formado maioritariamente por autónomos e pequenas empresas con empregados, que polo xeral non poden aguantar un peche prolongado”. “Urxen medidas de apoio para un sector que xa estaba ao límite”, di.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies