O transporte de Santiago prevé perdas de medio millón de euros

0

Compostela, 9 de xullo do 2020 – A crise do Covid19 deixa un panorama desolador no transporte urbano de Santiago con perdas que poden chegar ao medio millón de euros en este exercicio.

A empresa xestora do transporte na cidade, Tussa, celebrou este mércores un Consello de Administración no que se analizou a situación económica da entidade. As contas do 2019, aprobadas na sesión, presentaron un superavit de 65.000 euros, algo ben distinto a previsión para este ano.

O nivel de recuperación de usuarios do transporte urbano é lento, situándose no 52% neste mes de xullo, e debuxa un escenario para a entidade de perdas de 498.000 euros debidas, en palabras do alcalde Xosé Sánchez Bugallo, á crise sanitaria “Basicamente isto vén determinado polo acontecido nos meses de marzo, abril, maio e xuño e porque a recuperación está tendo un ritmo sostido”.

Os datos dos primeiros días de xullo deixan un nivel de utilización do 52% respecto ao número de usuarios/as no mesmo período do ano anterior. A cifra supón unha mellora respecto ao 36% do mes de xuño.

Sánchez Bugallo lembrou que a utilización do servizo chegara a caer ao 6% coa declaración do estado de alarma e apuntou a imposibilidade de “asegurar que se produza a total recuperación nos próximos meses, e iso cambia o escenario orzamentario da empresa”. En calquera caso, prognosticou que “se non hai ningunha recaída ou rebrote significativo, esperamos que prosiga esta recuperación e a finais de ano teñamos unha situación normalizada”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial