займ срочно

Compostela seguirá reclamando o novo xulgado do social

0

Compostela, 23 de febreiro do 2019 – O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, envioulle unha carta á ministra de Xustiza, Dolores Delgado, reclamando que “reconsidere a decisión de deixar a Santiago sen novo xulgado do Social” e transmitíndolle o seu malestar pola decisión de denegar a súa creación.

O alcalde recoñeceu “o malestar e a sorpresa do Goberno local, despois de que o Ministerio de Xustiza negara unha petición da Xunta e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que está máis que xustificada polo volume de casos que se ven en Compostela”. Martiño Noriega lembrou que as tres salas do Social da capital galega “non abondan, e non hai mellor mostra que o feito de que acumulen expedientes con atrasos de ata tres anos”.

O alcalde avanzou tamén a súa intención de iniciar contactos coa Xunta de Galicia e co Tribunal Superior de Xustiza de Gailcia, co obxectivo de facer fronte común para demandar a necesaria Sala. Na súa carta, Martiño Noriega tamén lle fixo chegar á ministra de Xustiza a declaración institucional aprobada no Pleno do xoves, na que o conxunto da Corporación municipal reclama a creación da nova Sala do Social.

Outras entidades e colectivos da cidade como a Xunta de Xuíces, a Cámara de Comercio e mesmo a Xunta de Galicia, por medio do vicepresidente Alfonso Rueda, mostraron o seu malestar por esta decisión. Rueda lembrou que a solicitude saíu da comisión mixta de xustiza, na que están Xunta e TSXG, e que se reunirá de novo este luns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies