Conxo abre XXXIII edición da Semana Cultural do barrio

0

Compostela, 10 de setembro do 2019 – O barrio de Conxo cumpre 33 anos celebrando unha semana cultural que onte era presentada na casa do concello.

O responsable de área, Javier Fernández, foi o encargado de explicar os detalles da Semana Cultural de Conxo 2019. unha programación que comeza hoxe martes e que durará ata o vindeiros sábado. Xogos, obradoiros, charlas, teatro, música e moito máis para un evento consolidado no comezo do curso.

Semana Cultural de Conxo

SONY DSC

Javier Fernández quixo facer un recoñecemento á traxectoria desta Semana Cultural, nacida no 1986 da man da Asociación Cultural Arco da Vella, que “non só promoveu esta Semana Cultural, senón tamén outras moitas actividades, e foi moi importante para a construción do actual local sociocultural”. Arco da Vella desapareceu 1994, pero a Semana Cultural seguiu, desta vez xa da man do Concello, que lle deu continuidade dentro da programación do centro sociocultural.

“Hoxe é un programa máis que consolidado, enmarcado dentro das propias festas do barrio de Conxo e cunha participación moi activa da veciñanza, con propostas lúdicas e culturais para todas as idades”, apuntou o concelleiro, que animou á veciñanza e a todos os composteláns e compostelás a participar nesta nova edición, na que están implicados diversos colectivos que traballan en Conxo e na cidade, ademais de veciños e veciñas do barrio.

Haberá contacontos, teatro, xogos, musica e danza tradicional, cinema en espazos singulares, un feixe de obradoiros diversos, a maioría pensado para as familias, e moitas propostas máis. Das mesmas deu conta Xulio Noia, técnico municipal responsable do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre, quen subliñou que a de Conxo é unha “proposta de cultura de base aberta á cidade”.

No calendario desta Semana Cultural destacou o programa denominado “Portas abertas”, coas que o CSC quere abrir as súas instalacións a encontros e actividades de diversa índole. Arrincarán o mércores cunha sesión de lectura de contos para os máis pequenos e pequenas, e cunha sesión sobre Chi Kung. O xoves haberá un obradoiro de paxaros móbiles para a rapazada, un encontro do grupo de maiores e outro dos grupos de tempo libre. O venres, quenda para xogar ao tenis de mesa, e o sábado, actividade para as familias e outra de música tradicional.

En Conxo tamén haberá obradoiros diversos: de construción de carrilanas (martes), de acuarela experimental (xoves), de construción de papaventos (venres) e de elaboración de cervexa artesá (sábado).

No eido do teatro, haberá un laboratorio para mozos e mozas (mércores) e unha mostra de teatro mozo (venres). Ademais, o CSC acollerá unha presentación especial, a do libro O fútbol en Conxo, a cargo de Braulio Anca Coya, e a da publicación Sporting FUROCA, por Juan Lema e Alberto Vilariño.

E todo isto complementado con espazos de xogo, charlas científicas, unha xincana ciclista, cine ao aire libre, contacontos e mesmo unha baixada de carrilanas.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial