займ срочно

A Semana Santa de Santiago tamén se suspende

0

Compostela, 16 de marzo do 2020 – A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago de Compostela reuniuse de forma extraordinaria este domingo e adoptou a decisión de suspender a Semana Santa en Santiago.

A Semana Santa estaba prevista que se celebrara do 3 ao 19 de abril. As Cofrarías decidiron suspender todos os desfiles procesionais e os actos vinculados a Semana Santa 2020.

A Semana santa de Santiago tamén se suspendeNo seu comunicado explican que “Sendo unha decisión triste e dolorosa despois dun ano de traballo, tivémonos que poñer no lugar dos nosos Confrades, familiares e amigos. Tivemos que ser xenerosos e comprensivos #ante a situación na que se atopa o noso país respecto ao  Corvid_19”.

A Xunta de Confrarías engade que “Falando en nome das 13 Confrarías, quixésemos informar que, desde mañá mesmo (por hoxe luns), comezaremos a traballar na Semana Santa 2021, que será un ano especial pola celebración do Ano Santo da nosa cidade”.

Tamén aproveitan para dar as grazas a todos os que de calquera xeito colaboraron na organización. Rematan dicindo que “Xa, por último, sumándonos ás palabras do noso presidente, quixésemos trasladar

que o único que non se poderá suspender é a nosa penitencia interior, que debe prevalecer por encima de todo. A Semana Santa non soamente é ver un paso nas nosas rúas, se non que conmemoramos a paixón, morte e resurrección de Jesús. Iso, non se poderá suspender”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies