Máis de 200 nenos seguirán tendo un servizo de comedor durante a crise

0

Compostela, 27 de marzo do 2020 – Un dos problemas que a crise xerou para moitas familias, en todos os concellos, foi a cancelación dos servizos de comedor.

Nos casos máis vulnerables o servizo de comedor alivia en boa medida os gastos e garante unha boa alimentación dos cativos. A pandemia deixou sen esta vantaxe a estes rapaces.

Compostela ven de resolver este problema cun servizo extraordinario de catering que busca garantir, durante o estado de alarma, a alimentación dos menores beneficiados polas bolsas de comedor, na modalidade de escaseza de recursos.

En Santiago o Departamento de Servizos Sociais púxose en contacto telefónico coas familias beneficiarias de estas bolsas e que este curso chegaban a 499 escolares.  Se lles informou que o concello poñía á súa disposición un servizo de catering co que, a través dun contrato de emerxencia para tal fin, se garantía ese servizo de comedor.

A concelleira Noa Díaz explica que se trata dun servizo fundamental que tense que manter

 

O servizo estase prestando a un número aproximado de 265 nenos e nenas. As familias recollen os menús cociñados en liña fría, o luns e mércores de cada semana. Cada un deses días levan os menús consistentes nun primeiro prato, un segundo e sobremesa correspondentes aos días seguintes ata a nova recollida.

Polo de agora, a acollida desta iniciativa está a ser “moi boa”, segundo explica a concelleira de Educación, Noa Díaz, que quere agradecer tanto ás familias como ao persoal implicado a súa boa disposición no proceso de entrega, no que se garanten todas as medidas de seguridade requiridas polo COVID-19.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial