Cruz Vermella, un voluntariado imprescindible

0

Compostela, 1 de abril do 2020 – A Cruz Vermella leva en Santiago desde 1897, tanto tempo que nin nos decatamos do imprescindible do seu voluntariado.

É en momentos como o que vivimos cando descubrimos o traballo tan importante que fai a Cruz Vermella colaborando co concello e co resto de institucións e asociacións da cidade.

Cruz Vermella, un voluntariado imprescindibleTodos os servizos que ofrece están disposición da poboación na súa web pero Lindeiros falou con Rocío Ovalle, coordinadora para a bisbarra, sobre o momento actual. Ademais de servizos como o reparto de alimentos e medicamentos as casas ou traslados de doentes a Cruz Vermella realiza unha serie de chamadas a nivel provincial que, en esta situación, poden ser determinantes

 

O servizo de teleasistencia permite a este tipo de poboación unha certa seguridade. Un colgante conectado a liña telefónica e que con só pulsalo localiza á persoa. Máis alá diso Ovalle fala do servizo emocional que proporciona a ONG

Outro dos colectivos máis vulnerables nunha cidade como Santiago é o dos sen teito. A Cruz Vermella fai rutas semanais durante todo o ano nas que detecta e axuda ás persoas en esta problemática. Tal e como nos contaba hai uns días a Concelleira Mila Castro, a búsqueda dunha solución non é algo que suceda en esta situación excepcional se non que é o traballo habitual tal e como tamén nos explica Rocío Ovalle

Detectouse tamén a chegada de sen teito de outros lugares pero é unha poboación moi variable polo que isto non é nada novo e, ao igual que co resto, a prioridade e buscarlles aloxamento

Cando todo pase seguirán aí pero para moitos familias xa nunca máis pasaran desapercibidos. Despois dos momentos que estamos a vivir é posible que a importancia que lle damos a un servizo de voluntariado que leva 123 anos na cidade non sexa a mesma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial