Compostela aproba un suplemento de crédito de 7,5 millóns de euros

0

Compostela, 16 de xullo do 2019 – Nun pleno extraordinario o concello de Santiago aprobou, co apoio de Compostela Aberta e a abstención de PP e BNG, un suplemento de crédito de 7,5 millóns de euros.

A concelleira delegada de facenda, Marta Abal, foi a encargada de defender as razóns para a aprobación do suplemento e tamén dun crédito extraordinario. O montante total divídese nu primeiro suplemento de 1.524.572,77 euros e un crédito extraordinario de 287.541,51 euros para pagos pendentes e nun segundo suplemento de 5.708.776,90 euros destinado a pago de débeda bancaria.

A primeira partida foi apoiada polo Psoe, Compostela Aberta e BNG mentres que o PP abstívose. Na segunda a abstención foi a opción elixida polo BNg xunto co PP e só Compostela Aberta votou a favor.

Pleno no que se aprobou o crédito

SONY DSC

Compostela Aberta lembrou que estes suplementos son derivados da non aprobación dos orzamentos que a formación presentara a principios de ano. A diferenza entres os 92 millóns dun orzamento prorrogado e os 115 millóns que sería o orzamento que se denegou é, según CA, a que fai necesarias estas medidas e defendeu o seu apoio por responsabilidade.

O PP pola súa banda cualificaba de esaxerada a cantidade. Considera que estes suplementos son a consecuencia dunha mala xestión por parte de Compostela Aberta e fala de situación ” surrealista, polo desorbitado do superávit que chega aos 17 millóns de euros e, por outra banda, tamén resulta incomprensible que Sánchez Bugallo anuncie que actualmente non se cumpre e que seguirá sen cumprirse durante o que  resta deste ano”.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial