Suspendida a licitación do Servizo de axuda ao fogar de Santiago

0

Compostela, 9 de setembro do 2020 – O Tribunal de Contratación acepta as medidas cautelares propostas polo sindicato Comisións Obreiras e suspende a licitación do servizo de axuda ao fogar, SAD, de Santiago.

CCOO solicitou ao tribunal que suspendera de forma cautelar a licitación da axuda no fogar xa que consideraba que non estaba adaptado ao contexto derivado da crise sanitaria. Esta falta de adaptación ao Covid 19, podería, según o sindicato, supor un risco para traballadores e usuarios.

O sindicato explica que o orzamento ten un desfase, debido a varios erros de cómputo no capítulo de persoal e salarios, de case 200 000 euros anuais, contía que representa o 7 % do total. CCOO considera “ridícula” a partida e engade que o peor é que só o 0,1 por cento do total, 5482 euros por ano, é a cantidade destinada a dotación de luvas, material hixiénico, máscaras e outros.

Segundo os cálculos do sindicato, baseados na última normativa publicada sobre o uso das máscara, e partindo de que cómpre manter un stock para o caso de posibles rebrotes, a partida económica non debería ser inferior ao 5 % do orzamento anual.

Contra a decisión do Tribunal de Contratación non cabe recurso ningún, xa que é firme.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial