Terceira edición do Festival Rosalía

0

Compostela, 27 de febreiro do 2020 – A terceira edición do Festival Rosalía terá lugar un ano máis en Compostela, na Praza de Cervantes e no Museo do Pobo Galego, este sábado 29 de 11 a 22 horas.

O festival Rosalí acollerá como nas anteriores edicións unha feira de produtos rosaliano que se complementa cun pasarrúas rosaliano teatralizado a cargo dos Quinquilláns; un obradoiro de regueifa rosaliana; a interpretación de Caldo de Gloria da man de Rilo e Penadique; a representación no Museo do Pobo do Galego da obra de teatro Rosalía; a actuación de Marina Oural e Chefa Alonso co espectáculo Rosas Negras; e finalizará cunha mostra de regueifa rosaliana e o concerto de Tino Baz, co seu disco “Si cantan, es ti que cantas….”.  O Festival está organizado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e do Museo do Pobo Galego.

Por en valor a Rosalía

Terceira edición do Festival RosalíaSerá unha xornada para “pór en valor a obra de Rosalía de Castro” como dixo o responsable da Área de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, na presentación do Festival que tivo lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Esta será a terceira edición deste festival, que nesta edición de 2020 “cambiou a data de celebración para axustalo ás datas do día de Rosalía”, cuxo aniversario se celebrou o luns 24 de febreiro.

Acompañando a Xurxo Couto, na rolda de presentación participaron tamén a concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón; o director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar; e Manuel Roxo, da empresa Culturactiva, responsable da programación cultural.

Terceira edición do Festival Rosalía

Imaxe de arquivo do ano anterior

Pola súa parte, a concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón, destacou o Festival como “un día moi feliz” e sinalou que “o legado de Rosalía vai máis alá do literario porque Rosalía deu voz ao galego e ás mulleres nun século moi complicado”.

O director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar, fixo fincapé na relación de “veciñanza” que une o Museo e Rosalía e resaltou a necesidade de revisar a obra da autora e a súa actualidade, xa que é “unha obra para redefinirnos nós mesmas. O labor de Rosalía está cargado de sinais identitarios e o Museo tamén ofrece eses sinais”.

Manuel Roxo, de Culturactiva, foi o encargado de falar do programa e afirmou que a proposta cultural presentada quere amosar “unha Rosalía que mira cara ao futuro e afonda naquelas propostas que traballan nesta liña sobre a figura de Rosalía”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial