Traballadores de Urbaser acusan ao alcalde de Santiago de descoñecer como funciona o servizo

0

Compostela, 17 de xullo do 2019 –  O Comité de empresa de Urbaser acusa a Xosé Sánchez Bugallo de descoñecer como funciona o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria da cidade.

Os traballadores de Urbaser fanse eco dunhas declaracións do alcalde nas que afirmaba que o servizo non era satisfactorio e que os sábados non se prestaba, algo “falso xa que mesmo foi mellorado”.

O comité considera “lamentable” a falta de información e descoñecemento do funcionamento dun servizo esencial para a cidade de Compostela demostrado polo alcalde compostelán nunha entrevista realizada nunha radio local. O comité desminte tamén a afirmación de Bugallo de que nos últimos 15 días a empresa reforzou o servizo e asegura que “estamos desenvolvendo o mesmo traballo que viñamos facendo nos últimos 15 anos, mesmo estando el de alcalde”.

Lembra, en todo caso, que o propio comité denunciou incumprimentos do prego de condicións diante das distintas corporacións porque en algunhas cuestións o servizo non se axustaba ás condicións do contrato. Reitera a solicitude que xa remitiron por escrito antes das eleccións, e despois destas, de celebrar unha xuntanza para abordar cuestións relativas ao traballo que desenvolven. Unha xuntanza na que agardan tamén que se lles proporcione información relativa ás condicións que se prevé que contemple o novo prego para a renovación da contrata. Lembran que está prorrogada e que ten que convocarse o novo concurso antes de que remate este ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial