A Biblioteca Universitaria da USC mantén actividade en liña

0

Compostela, 23 de marzo do 2020 – A Biblioteca Universitaria da USC (BUSC) mantén a súa actividade en liña provendo de recursos a docentes e estudantes.

A Biblioteca é unha unidade funcional de apoio á docencia e á investigación constituída por todos os fondos bibliográficos, documentais e audiovisuais adquiridos polos diferentes centros e servizos da USC, sortea as limitacións derivadas da emerxencia sanitaria decretada por mor do Covid-19 a través da bitácora virtual A BUSC en liña, unha xanela virtual que permite a conexión con toda a comunidade universitaria que a demande.

Alén de facilitar o acceso a todo o material incluído no repositorio Minerva, a BUSC, cuxo persoal está a atender e a dar resposta na medida do posible a todas as preguntas, consultas e demais cuestións recibidas a través dos seus enderezos electrónicos, tamén permite acceso a múltiples referencias dixitalizadas que poden ser de interese para que estudantes e PDI avancen con éxito nas súas tarefas académicas.

A estes cometidos propios dun servizo público, a BUSC, que tamén dá conta do seu dinamismo a través das redes sociais, mantén accesibles en liña diversos vídeos titoriais orientados a facilitar as buscas e demais procedementos de manexo dos usuarios, ao tempo que, no caso da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, mantén con normalidade o curso en liña de competencias de información.

A directora da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, Julia Cantalapiedra, comentou neste senso que, a expensas da duración do período de confinamento, o persoal deste servizo universitario xa está a traballar na edición e no deseño de actividades ou ferramentas en liña que resulten de utilidade para o alumnado que xa está a desenvolver ou terá que realizar no futuro inmediato Traballos de Fin de Grao ou Traballos de Fin de Máster.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial