займ срочно

A USC conmemora a caída do Muro de Berlín

0

Compostela, 27 de setembro do 2019 –  O Grupo de Investigación Historia Política e dos Nacionalismos (HISPONA), en colaboración co Centro de Linguas Modernas e co Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da USC, o Instituto Goethe e máis o Servizo Alemán de Intercambio Académico (DAAD) organizan o programa de actividades Aos 30 anos da caída do Muro de Berlín : historia e memoria.

Presentado este xoves na Facultade de Xeografía e Historia, o evento conmemora o trinta aniversario da caída do muro de Berlín acontecida o 9 de novembro de 1989. Un ciclo de cinema, diversas exposicións, e unha mesa redonda integrada por especialistas na materia formarán parte das actividades previstas no programa.

O ciclo cinematográfico estará composto por oito filmes  que xiran arredor dos últimos anos da República Democrática Alemá e da caída do Muro. As proxeccións realizaranse na Facultades de Filoloxía, Xeografía e Historia e Humanidades da USC, e terán lugar entre o 1 de outubro e o 21 de novembro de 2019. O filme Barbara abrirá o ciclo na Facultade de Filoloxía o vindeiro martes 1 de outubro, ás 18.30 horas. Os filmes Sonnenallee, Vento do oeste, Goodbye Lenin, Berlin is in Germany, Tren cara a liberdade, Bornholmer Strasse e A lenda de Rita completan o programa.

Mostras

Outras actividades relevantes no marco deste programa de actividades serán a mesa redonda con especialistas en Historia Contemporánea de Alemaña, Historia do Cinema e testemuñas presenciais da caída do muro que terá lugar o 30 de outubro trala proxección do filme Berlin is in Germany; así como tres exposicións sobre o Muro de Berlín que se estenderán entre o 28 de outubro e o 22 de novembro. Deste xeito, a exposición interactiva ‘O Muro’ será acollida pola Facultade de Filoloxía (terceiro andar) e conformará un espazo aberto para a creatividade e o intercambio de opinións en liberdade.

As Facultades de Filoloxía (andar baixo), Ciencias Políticas e Sociais, e Humanidades de Lugo albergarán a mostra que leva por lema ‘O muro: unha fronteira a través da Alemaña’, a cal ofrece un percorrido histórico polas orixes da Guerra Fría, a división de Europa, a construción do Muro, e a evolución da vida cotiá e os intercambios entre as dúas Alemañas. Xornalismo será o lugar no que se poderá ver a exposición ‘A simple vista. Berlín, 30 anos despois’, mostra de foto de rúa cuxo resultado é unha ollada sobre Berlín trinta anos despois da caída do Muro. As imaxes foron captadas polo colectivo compostelán Área3 integrado por Carmen Cunqueiro, José Manuel Pérez Pena, Carmen Torres e Javier Ventosa no ano 2017.

No acto de presentación tomaron parte a directora do Centro de Linguas Modernas, Katerina Vlasakova, e os coordinadores da actividade Sina Menrad do Servizo Alemán de Intercambio Académico, Xosé M. Núñez Seixas do grupo Hispona, e Xosé M. Pérez Pena do Centro de Linguas Modernas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies