займ срочно

A USC fomenta o emprendemento feminino en universidades da India

0

Compostela, 15 de xaneiro do 2020 –  Unha vintena de representantes de 14 universidades, a maioría delas procedentes de India, participan na USC nunha iniciativa formativa.

Coa colaboración do programa Woman Emprende, e dentro do proxecto Emprendia,  estas xornadas buscan mostrarlle as universidades da India a experiencia da universidade compostelá en relación ao fomento do espírito empresarial das mulleres no ámbito científico- tecnolóxico.

A USC colabora con universidades da IndiaEnpredia, coordinado polo Kalinga Institute of Technology no país asiático, ten como principal obxectivo fomentar a cultura de emprendemento feminino e a igualdade de xénero neste país, así como definir unha serie de directrices que permitan integrar políticas de igualdade e equidade nun total de oito institucións de educación superior. No consorcio participan un total de 14 universidades, oito delas da India, e as restantes de países europeos coma Austria, Portugal, Reino Unido ou Irlanda, sendo a USC a única española.

Na xornada inaugural celebrada este luns 13 en Uniemprende, a xefa do Servizo de Relacións Exteriores da USC, Anne Forryan, destacou a pertinencia do proxecto. “India é o país con maior poboación do mundo con 1,3 billóns de habitantes. Aínda que o 45% da poboación en idade de traballar son mulleres, a forza de traballo feminina está infrautilizada, xa que en India está situada no posto 70 de 77 do ránking de países por empredemento feminino. No transcurso do proxecto, de tres anos de duración, está contemplada a creación de oito centros de emprendemento na India coa finalidade de establecer redes co tecido empresarial local”, engadiu.

Perspectiva de xénero no emprendemento

A USC, a través do seu programa Woman Emprende, puxo en práctica nos últimos anos un proxecto de integración da perspectiva de xénero no asesoramento  acompañamento da actividade emprendedora e elaborou o Manual de Procedementos Innovatia 8.3 como ferramenta de apoio para o desenvolvemento do proceso de acompañamento das persoas que deciden crear una spin-off ou consolidala.

“A USC e o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades desenvolven conxuntamente o Programa Innovatia 8.3, co obxectivo de fomentar o espírito empresarial das mulleres no ámbito científico-tecnolóxico, ademais da creación dun modelo de intervención que integre a perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento e no proceso de creación de empresas de base científica”, destaca a coordinadora do programa Innovatia 8.3 e deste evento, Eva López Barrio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies