O IV Congreso Internacional Performa trae a Compostela a Marcel·lí Antúnez e Sanchis Sinisterra

0

Compostela, 13 de novembro do 2019 – O IV Congreso Performa celebrarase en Compostela baixo o título “Novos espazos/Novos formatos no teatro español actual”.

Despois das edicións de Madrid ou Toulouse o encontro desenvolverase entre o 27 e o 29 de novembro no Colexio Maior Fonseca e na Facultade de Filoloxía da USC. Performa congregará a máis de corenta voces expertas, tanto do ámbito académico como profesional, entre ellas o dramaturgo José Sanchis Sinisterra, que será investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Toulouse este xoves 14 de novembro, ou o performer Marcel·lí Antúnez, fundador do colectivo La Fura dels Baus nos oitenta.

Performa

O Proxecto de Investigación “PERFORMA. El teatro fuera del teatro. Performatividades contemporáneas en la era digital foi financiado cunha axuda do Ministerio de Economía e Competitividade e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) correspondente ao marco financeiro plurianual 2014-2020. Nel participan o Departamento de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC, a Universidad Carlos III de Madrid e Lla-Creatis da Université Jean Jaurès de Toulouse.

O programa

Arrinca o Congreso o mércores 27 no Colexio Maior Fonseca coas conferencias plenarias inaugurais, despois da presentación do profesor Anxo Abuín da Universidade de Santiago. A catedrática e reitora da Université Jean Jaurès Emmanuelle Garnier presenta “Passo doble en el salón de baile del Casón del Buen Retiro: los efectos de sentido del medio en la performance de Miquel Barceló y Josef Nadj (2007)”, e a seguir Eduardo Pérez-Rasilla e Guadalupe Soria Tomás, da Universidad Carlos III, presentarán “¿Tiene lugar el teatro alternativo?”. Continuará a mañá cunha mesa moderada por Fabrice Corrons coas intervencións de Katy Loureiro (“La indignación hace versos: la violencia poética en Te haré invencible con mi derrota, de Angélica Liddell”) e Lara Rozados (“Palimpsesto de voz, respiración e corpo: as cartografías de Silvia Penas a partir de tres cantigas medievais”), as dúas da USC, Álvaro Caboalles, da Universidad Autónoma de Madrid (“El concepto de mediación cultural en Teatros del Canal: Centro de Artes Escénicas Contemporáneas”) e José Ignacio Llorente, da Universidad del País Vasco (“Espacio público y performance en El lamento de la emperatriz, de Pina Bausch”).

Xa á tarde, única sesión en que o Congreso se desprazará ao Salón de Actos da Facultade de Filoloxía, o profesor Xosé Nogueira moderará a mesa entre o coreógrafo Javier Martín (que presenta “Oximórica”), Ana Abad de Larriva, da Universidade de Vigo, quen precisamente abordará “O xiro performativo, a disolución da fronteira entre as artes e a busca de novos espazos xeradores de discurso na danza de Javier Martín”, Rubén Pérez Pombo (de Lucecús Teatro), que desenvolverá “A adaptación a unha nova especie: unha performance na rúa, no teatro, no museo, nas festas patronais”, e Dominique Serena Antignano (Università degli Studi di Napoli “L’Orientale”) con “Estética del contenedor. Una posible interpretación del formato teatral breve contemporáneo”. Despois a segunda quenda de mesas plenarias será coordinada polo profesor Germán Sierra, coa participación de María Ángeles Grande Rosales (Universidad de Granada): “Literatura y performatividad: del semionauta al translector”, a de Fabrice Corrons (Université Jean Jaurès): “Cuerpos danzantes, espacios públicos e identidad(es) colectiva(s) en el contexto vasco. De Kukai Dantza a Dantza Hirian pasando por Ertza Dantza Taldea”, e a de Diana González (Aahurs University): “Teatro verde: la ecología política como propuesta de paz en Colombia”. A xornada pecharase ás oito da tarde no propio salón, coa conferencia performativa Sistematurgia. Varietés, de Marcel·lí Antúnez, recoñecido internacionalmente como unha das figuras máis relevantes da arte electrónica e a experimentación escénica, que leva 30 anos desenvolvendo a súa arte en museos, galerías, teatros e espazos non convencionais en máis de 40 países.

PerformaO xoves terá lugar integramente no Colexio Maior Fonseca, e comezará cunha mesa plenaria moderada por María Bastianes, con Cristina Oñoro da Universidad Complutense (“Escenificaciones literarias en un campo expandido: De Sophie Calle a Dora García con Enrique Vila-Matas —dándonos la espalda— al fondo”), Mónica Molanes, da Universidade de Vigo (“El museo como espacio para las artes escénicas y la intervención ciudadana: Espazo en espera, de A Artística”) e Monique Martínez, da Université Jean Jaurès (“Corsetería Teatro como contra dispositivo de Investigación Creación”). Entre as 12.30 e 14 horas terá lugar a conferencia convidada, de José Sanchis Sinisterra. Nacido en Valencia en 1940, é un dos dramaturgos máis destacados das últimas décadas no ámbito hispánico, con obras como Ñaque, ¡Ay, Carmela! ou El cerco de Leningrado, ademais de se dedicar á investigación e á docencia e de ter fundado dous espazos referenciais como son a sala Beckett en Barcelona e La Corsetería en Madrid. Ademais, nos días previos ao congreso o dramaturgo será investido Doutor Honoris Causa pola Université Jean Jaurès de Toulouse, concretamente este xoves 14 de novembro.

A primeira mesa de comunicacións da tarde, moderada por Cristina Oñoro, reúne a Belén Tortosa Pujante (“Mujer y performance. Cómo habitar el cuerpo”) e Julio Vilariño Cabezas (“Estratexias para un cine performativo político na actualidade”), ambos da Universidade de Santiago de Compostela, Tomás-Iván Alcázar Serrat, da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (“Refugios, edificios, intersticios… Espacios escénicos y reciclajes urbanos en Barcelona”), e Pablo Fernández Santa Cecilia, da Universidad Carlos III (“Comunidad3s: las problemáticas del teatro inmersivo con tecnologías interactivas”). A seguinte mesa de comunicacións será moderada por Mónica Molanes e nela intervirán Fernanda Carla Machado de Oliveira, da Universidade de São Paulo (“Performances Invisibles: existencias Bruta”), Juan José Fernández Villanueva (Escola Superior de Arte Dramático de Castilla y León/Universidad Complutense de Madrid), con “Dramaturgia y transmedialidad: Hamlet Kebab, de Rodrigo García”, Georgina Azucena Rodríguez Torres, da Universidad Autónoma Metropolitana- Azcapotzalco, México (“Espacios inefables, abstractos, imaginarios e indefinidos en La paz de la buena gente, de Óscar Villegas”), e Paulo Antonio Gatica Cote, da Universidad de Córdoba (“Sobre la basurización/intervención del espacio público: poética y política by Basurama”). Novamente, a xornada pecha cunha conferencia performativa ás oito: SE ALQUILA #1. Archivo universal del actor, de Óscar Cornago e Juan Navarro, que presentan como un libro vivo, un estudo sobre a memoria dos corpos, o pasado, a experiencia e o público, unha conversa imposible entre o mundo das ideas e a acción, o suxeito desta conferencia e o obxecto de estudo, arredor da memoria de Juan Navarro como actor, performer, creador escénico e director teatral.

O venres Eduardo Pérez-Rasilla da Carlos III moderará a cuarta mesa de plenarias, coas intervencións de Gabriela Cordone (Université de Lausanne) e Marie Rosier (Université Lyon 2), “Espacio y contra-espacio: la escena lésbica como nuevo espacio escénico”; Germán Sierra (Universidade de Santiago de Compostela), “Inteligencias artificiales y realidades virtuales en el teatro, música y cine contemporáneos”; e María Bastianes (University of Leeds): “La presencia de la performance y de las artes escénicas españolas en Reino Unido. El caso de la Ribot”.

A seguinte mesa, moderada por José Manuel Querol, reúne as comunicacións de Ana Barceló Alfocea (ESAD de Murcia) “La invasión de los espacios a través de la creación “vis-à-vis”; Muriell Mundaca (Universidad Carlos III), “Rosa Cuchillo: la construcción de la ciudadanía por medio de lo onírico”; Martín Fons (Escola Superior d’Art Dramàtic de les Illes Balears), “Dramaturgias de la emergencia, dispositivos escénicos y compromiso social: Krekovic camina y un buco nella città/una encletxa a la ciutat”; e Alma Prelec (The Royal Central School of Speech & Drama), “Representando el pasado: teatro español y activismo social en los Balcanes”.

Pola tarde, Muriell Mundaca moderará a mesa de comunicacións sobre cine en que interveñen María de la Paz Ferreiro Cendán (“Vosotros sois mi película: la proyección cinematográfica como acto performativo”), da USC, Gerardo Cruz-Grunerth, da Boston University (“Posthumanismo y nuevas tecnologías en el teatro hispánico comtemporáneo”), Miguel Olea Romacho, da Universidad de Granada (El cine performativo: “Análisis intermedial de la teatralidad en la obra de John Cassavetes”) e José Manuel Teira Alcaraz, da Universidad Complutense (“Audiovisuales en escena: la forma es el contenido”). Por último, Emmanuelle Garnier moderará na mesa de clausura a Nel Diago (Universidad de Valencia), “Teatro sobre ruedas”, José Manuel Querol (Universidad Carlos III), “Plazas, calles y balcones, el escenario de la performance política”, e Xosé Nogueira (Universidade de Santiago de Compostela), “Registros performativos de los otros cuerpos en las artes audiovisuales hispánicas”.

Como colofón terá lugar a perfomance Uti et abuti (el uso y el abuso), de Roger Bernat, para a que as prazas xa están cubertas coas persoas participantes, aínda que as que asistan como oíntes serán avisadas se queda algunha libre. Bernat crea espectáculos onde o público ocupa o escenario, como Domini Públic (2008), Pura coincidència (2009), La consagración de la primavera (2010), Please Continue: Hamlet (2011), Pendiente de voto (2012), Desplazamiento del Palacio de La Moneda (2014), Numax-Fagor-plus (2014) ou We need to talk (2015). No 2009 editou, con Ignasi Duarte, Querido Público. El espectador ante la participación: jugadores, usuarios, prosumers y fans.

O congreso é aberto a quen queira asistir, mais para obter un diploma acreditativo cómpre matricularse e facer un pagamento de 50 euros, a través do correo performagrupo@gmail.com.

Máis información: grupoperforma@gmail.com / 658288872

http://grupoperforma.wordpress.com

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial