IV Encontro de Intelixencia Emocional Enmente 4

0

Compostela, 13 de setembro do 2019 – A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos Alumni USC organiza xunto co Instituto de Ciencias da Educación o IV Encontro de Intelixencia Emocional Enmente 4.

Enmente 4 terá lugar o vindeiro 5 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación. O primeiro prazo de inscrición con taxas reducidas permanecerá aberto ata o vindeiro 27 de setembro e pode formalizarse premendo nesta ligazón.

enmente 4Os obxectivos xerais da xornada radican no coñecemento e xestión das emocións, no desenvolvemento de estratexias de regulación emocional, automotivación e liderado, tanto no eido persoal coma no profesional, así como na mellora de habilidades comunicativas e de escoita que permitan comprender as emocións das outras persoas.

Compartindo uns obxectivos comúns, cada un dos obradoiros que integrarán o encontro desenvolveranse en seis sesións dinámicas, para que cada persoa participante poida escoller aquelas tres temáticas que mellor se adapten ás súas necesidades, ata completar un total de seis horas de formación.

Cada obradoiro acollerá a un máximo de 40 persoas, entre profesionais dos ámbitos da docencia, a educación, a psicoloxía ou persoas que están a piques de iniciar a súa carreira profesional, así como calquera persoa interesada na temática do encontro. O aforo limitado dos obradoiros permite acadar unha metodoloxía dinámica e participativa, centrada na persoa, pero cun enfoque grupal, cooperativo e reflexivo.

Utilizaranse exposicións teóricas e explicacións, simulacións, dinámicas e dramatizacións, así como discusións e debates, co obxecto de tomar conciencia e reflexionar sobre as influenzas socioculturais e o mundo que nos rodea. A través de propostas e situacións que requiran de reflexión, argumentación e interacción, posibilitarase o adestramento en habilidades para a comunicación e a relación interpersoal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial