A Universidade estuda como se divirten as familias con fillos no confinamento

0

Compostela, 22 de abril do 2020 – A Universidade de Santiago, USC, realiza un estudo no que analiza os hábitos lúdicos das familias con fillos no confinamentoo.

A docente e investigadora da Facultade de Formación do Profesorado Silvia López-Gómez coordina xunto co seu colega da Universidade de Navarra Apolinar Varela un cuestionario en liña sobre o xogo infantil nos fogares durante o estado de alarma. Este estudo en liña permanecerá accesible na web ata o vindeiro 27 de abril, cando está previsto que os máis pequenos poidan saír das súas casas.

A Universidade estuda como se divirten as familias con fillos no confinamento

Imaxe de Stan Madoré en Pixabay 

O obxectivo deste cuestionario é o de coñecer como e a que xogan as familias durante estas semanas de confinamento. O estudo liderado pola doutora Silvia López-Gómez, especialista en videoxogos, e Apolinar Varela, que desenvolveu a súa tese de doutoramento sobre o xogo tradicional, investiga nos cambios producidos durante a corentena respecto aos costumes lúdicos nos fogares con menores de idade.

A acción proposta por estes dous docentes, que lanzaron esta enquisa a través das redes sociais o pasado 8 de abril, busca tamén explorar a compresión sobre a percepción das nais e dos pais sobre o xogo no fogar antes e durante o confinamento, a fin de mellorar así a súas perspectivas sobre o dereito ao xogo na infancia para futuras investigacións.

López-Gómez salientou que, alén da finalidade investigadora da enquisa ‘Hábitos lúdicos nas familias con fillas/fillos en tempo de confinamento (COVID-19), este cuestionario antóllase como unha ferramenta axeitada para mellorar a comprensión sobre a realidade lúdica nos fogares e na sociedade en xeral.

A apreciación sinalada por esta docente da USC vai na liña da boa acollida que está a ter este cuestionario en liña en moitas familias con menores. De feito, engadiu, en apenas dúas semanas, xa recibimos máis de 500 respostas. A maioría dos cuestionarios cumprimentados recibidos proceden de Galicia, aínda que tamén contamos con usuarios de toda a xeografía española e mesmo un número representativo de familias de países iberoamericanos como Arxentina ou México, onde tamén se está a responder ás interpelacións feitas a través deste cuestionario, engadiu.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial