Dentro do Tempo de Alfonso Costa inaugúrase en Fonseca

0

Compostela, 2 de xullo do 2020 – A Universidade de Compostela continúa recuperando a actividade cultural e hoxe inaugura a exposición Dentro do Tempo de Alfonso Costa.

A pintura do noies Alfonso Costa poderase disfrutar desde este serán no Colexio de Fonseca. O acto, presidido polo reitor Antonio López, dará comezo a partir das 20.00 horas, no mesmo, tomarán parte o alcalde de Noia, José Santiago Freire Abeijón; Juan Manuel Monterroso Montero, coordinador do Máster Interuniversitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte; alén do propio artista.

A mostra de Costa propón unha reflexión profunda sobre o proceso creativo e a condición humana a través dos seus traballos dos últimos anos. Partindo do impacto causado polo desastre de Fukushima en 2011, cada un dos lenzos que integran a mostra ‘Dentro do tempo’ convértense nunha metáfora pictórica sobre a transformación que o ser humano foi sufrindo a medida que a sociedade e a tecnoloxía avanzaron.

Dentro do Tempo de Alfonso Costa inaugurase en FonsecaEn contraste con ese proceso de alienación, Costa tamén incita a concibir, a través de toda unha serie de obras nas que “a luz e as sombras manteñen unha intensa tensión interna, a volta ao esencial como o camiño que permita atopar eses rastros de humanidade perdidos”, explica o artista. Obras de gran formato, intensos cromatismos, xeometría e figuración variables e unha sobriedade contida, son algúns dos trazos deste proxecto expositivo que, ademais, contou co comisariado do alumnado do Máster Interuniversitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte, organizado polas universidades de Santiago de Compostela e As Palmas de Gran Canaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial