займ срочно

Exposición do fotógrafo catalán Ricard Terré

0

Compostela, 19 de setembro do 2019 – A obra do fotógrafo catalán Ricard Terré chega por segunda vez a Santiago de Compostela  a través dunha mostra individual, integrada por 80 imaxes.

A obra de Ricard Terré pode admirarse na Igrexa da Universidade grazas ao impulso da USC. A selección foi inaugurada onte mércores pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo. Rreúne, xunto ás pezas máis representativas da súa traxectoria, outras imaxes menos coñecidas feitas por Terré en Galicia e, concretamente, en Santiago de Compostela.

Ricard Terré está considerado como un dos fotógrafos máis destacados da súa xeración. A súa fotografía, dunha gran coherencia temática e formal, en palabras da comisaria da exposición, ten un carácter subxectivo que a fai identificable, aínda tendo en conta a diversidade de series que foi producindo ao longo da súa carreira. O seu traballo está presente nos principais tratados de historia da fotografía e nas coleccións máis importantes. Un ano antes da súa morte, que acontece en Vigo en 2009, recibe o Premio Bartolomeu Ros á mellor traxectoria fotográfica, outorgado polo festival de fotografía  PhotoEspaña.

Exposición Ricard TerréA comisaria da exposición e filla do fotógrafo catalán, Laura Terré, explicou este mércores que “os elementos barrocos do espazo expositor serven de apoio para a contemplación das fotografías, resoando na paixón que expresan as miradas e o simbolismo dos suxeitos fotografados.

Instaladas no frontal do retablo, en diálogo coa iconografía destacamos un conxunto pertencente á serie ‘Imaxes Abandonadas’, retratos da imaxinería obsoleta captada nas sancristías da diócese de Tui. Na Igrexa, como encrucillada das naves, atoparemos eses tres camiños que se internan en épocas distintas e atravesan series e territorios diversos: a infancia, o trasgo que anima o cotián e as metáforas da morte”. A obra de  Terré, engade, revela un coñecemento profundo da vida, sempre interpretado en clave de humor.

Terré en Galicia

En 1959, o fotógrafo catalán  traslada a súa residencia a Vigo, de onde era a súa muller. Alí establécese abrindo un moderno comercio de venda de alta fidelidade e electrodomésticos e segue dedicándose á fotografía de xeito afeccionado. Enseguida entra en contacto cos círculos de intelectuais e artistas de Galicia, coa intención de difundir a renovación da fotografía segundo iniciaran en Barcelona e Madrid, xunto cos colegas de revísta Afal de Almería, da que é correspondente en Galicia.

Desde o ano da súa chegada e ata finais da década de 1960,  Terré ponse a fotografar Galicia coa intención de publicar un libro monográfico, que nunca chega a realizar. Daqueles traballos documentais destaca a serie pioneira sobre a romaría de Santa Marta de Ribarteme (Pontevedra) onde segue acudindo, ata en doce ocasións, no lapso de 41 anos.

A súa relación co arquitecto Pepe Bar Boo abriulle as portas para levar a cabo proxectos de decoración con fotografía mural integrada nos espazos arquitectónicos, tanto en locais públicos como en vivendas particulares. Un tipo de aplicación da que foi referente durante os anos sesenta en Galicia.

A exposición pode visitarse ata o vindeiro 9 de novembro en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies