Comeza o XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario

0

Compostela, 10 de febreiro do 2020 – A obra ‘En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic’ da compañía da USC inaugura o XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario.

O Salón Teatro será a sede do XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario e a peza inaugural está prevista para as nove da noite.

Comeza o XXVI Festival Internacional de Teatro UniversitarioA obra La isla, da compañía lituana Teatras Studija Palėpė, ocupará a sesión do martes 11. O mércores será a quenda da Aula de Teatro da Universidade de Almería con Nana; e o xoves 13, a peza Doentum imaxinaribus correrá a cargo da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Teatrubi da Universidade da Beira Interior en Portugal pechará este certame, o venres 14, coa obra Cântico negro. Todas as sesións desenvolveranse no Salón Teatro, a partir das 21.00 horas. A entrada é de balde previo paso pola billeteira que se abrirá ao público a partir das 19.00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial