A USC segue ampliando o Fondo Supera Covid10

0

Compostela, 4 de xuño do 2020 – A Universidade de Santiago segue ampliando o Fondo Supera Covid19 e ven de dotar de quipos informáticos e de conexión á rede ao alumnado que so solicitou.

 O Fondo Supera COVID-19 está impulsado polo Banco Santander, CRUE e CSIC. Con el a Universidade deseñou un proxecto de axuda aos alumnos que si sitúan na denominada “fenda dixital” e que coa crise sanitaria poderían quedar sen acceso á formación.

A iniciativa permitiu fortalecer a actividade docente non presencial en condicións de equidade para todo o estudantado O Fondo  financiou o 90% e o resto cubriuse con recursos propios. Os mozos que o solicitaron teñen acceso ata o mes de xullo a 300 ordenadores portátiles, 150 dispositivos router con conexión a internet móbil 4G dotados de tarxeta SIM, 90 cámaras web e 500 plans de datos. Ademais, a USC cofinanciou o acceso á Rede do alumnado a través de tres convocatorias dotadas con 60.000 euros cada unha. A última delas, mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o vindeiro 19 de xuño. Polo de agora, preto de 2000 persoas téñense beneficiado xa desta iniciativa.

Por outra banda, a Universidade tamén acaba de presentar ante o Fondo un proxecto de Teleformación no Sistema Universitario Galego xunto coas universidades da Coruña e Vigo. Este proxecto aborda unha serie de actuacións orientadas a prolongar unha situación de docencia non presencial non só ata o final deste curso académico, senón que quere definir asemade accións que permitan preparar situacións de excepcionalidade no curso 2020-2021. As actuacións abarcan os eidos da ciberseguridade, teleformación e atención ao usuario.

Ante a situación crítica motivada pola COVID-19, o Banco Santander, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e as universidades españolas coas que o Santander ten subscrito un convenio de colaboración, como é o caso da USC, construíron o Fondo Supera COVID-19, dotado con 8,5 millóns de euros. Esta actuación de mecenado está dirixida a financiar medidas de apoio ao ámbito universitario para minimizar o impacto da crise provocada polo coronavirus nos eidos sanitario, educativo e social. CRUE Universidades Españolas xestiona a convocatoria aínda en curso.

Investigación

O Fondo Supera COVID-19 poderá outorgar tamén financiamento adicional a proxectos de investigación sobre o virus SARS-COV-2 que xa obtiveran financiamento en convocatorias competitivas de axencias ou institucións a nivel estatal ou internacional, e que estean actualmente en desenvolvemento; alén de contemplar o financiamento de proxectos novos. Neste eido, a USC ten solicitado un proxecto para a Produción de Xel Sanitizante (SANIGEL) en colaboración coa Universidade de Granada e a Politécnica de Valencia. O obxectivo do proxecto é dotarse de tres equipos automatizados de produción para dar servizo tanto ás propias universidades de cara a dispor das medidas hixiénicas indispensables de cara á volta da presencialidade; como para ter unha infraestrutura dispoñible para os Servizos Públicos de Saúde de Galicia, Andalucía e Valencia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial