Compostela, 4 de outubro do 2019 – O xoves 10, a USC celebra unha verbena popular no Campus Sur en Santiago para dar a benvida ao curso 19/20 cun concerto de Novedades Carminha.
Novedades Carmiña non estarán sos, Deteriorados, grupo que promete moito máis ca música, será o encargado de abrir o evento.
Esta é unha nova iniciativa da universidade que explica que “Este ano en Santiago, e nos vindeiros tamén en Lugo, baile ao aire libre, con boa música, como se leva facendo toda a vida en Galicia pero agora tamén para celebrar que a vida volve á universidade, aos campus, ás rúas de Compostela e Lugo, Como canta Novedades Carminha: verbena!. Estade atentas e atentos á web e ás redes sociais da universidade!”.