займ срочно

Investigando desde a casa coa Universidade, outros modos de pasar a corentena VI

0

Compostela, 8 de abril do 2020 – A Universidade segue ampliando os recursos en liña e agora propón investigar en Artes e Humanidades, tamén dende a casa.

Logo de elaborar listaxes no eido da Biomedicina e das Ciencias Sociais e Xurídicas, a Biblioteca da Universidade continúa realizando un percorrido polas diferentes áreas de coñecemento a fin de escolmar recursos en liña para favorecer a docencia en remoto do alumnado.

A plataforma de préstamo de libros electrónicos Prelo segue a ser, xunto co repositorio institucional Minerva, unha das principais fontes de información. No eido das Artes e Humanidades, o alumnado pode acceder a libros electrónicos sobre Arte e Cultura, Filosofía e Pensamento, Lingüística e Estudos Literarios e Literatura.

Recursos docentes, Traballos fin de Grao, Traballos fin de Master e Teses son algúns dos arquivos que poden ser consultados de forma completamente gratuíta en Minerva. Xunto a eles, tamén pode atoparse material do Fondo Histórico e Patrimonial da BUSC, do Instituto da Lingua Galega (ILGA) e do Servizo de Normalización Lingüística.

A USC alberga ademais no seu repositorio institucional as revistas que edita dentro das Artes e Humanidades. Deste xeito, Ágora : Papeles de Filosofía, Boletín Galego Literatura, Dorna. Expresión Poética Galega, Estudos de Lingüística Galega, Evohé : Revista Cultural do Campus de Lugo, Moenia, Revista Lucense de Lingüística e Literatura, Quintana : Revista do Departamento de Historia da Arte, Télos. Revista Iberoamericana de Estudios Utilitaristas e Verba. Anuario Galego de Filoloxía están accesibles de modo online e de balde para toda a comunidade universitaria, así como para persoas usuarias alleas á USC.

Outros recursos

A BUSC completou asemade a súa listaxe con ligazóns de acceso a bibliotecas dixitais, dicionarios, museos e bases de datos de imaxes, así como proxectos e centros de investigación.

Bibliotecas dixitais

Biblioteca Digital Hispánica

Biblioteca Digital Ovidiana

Biblioteca Digital Siglo de Oro

Biblioteca Digital del Patrimonio Iberoamericano

Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico

Biblioteca Virtual de Prensa Histórica

Bibliothèque Nationale de France, Gallica

Bibliothèques Virtuelles Humanistes

British Library Digitised Manuscripts

Dicionarios

Dicionario da Real Academia Galega

Real Academia Española. Diccionarios

Diccionario Griego-Español en linea (DGE)

Museos e Bases de datos de imaxes

Biblioteca de Arte da Fundação Calouste Gulbenkian

Internet Archive Book Images

Museo del Prado

Paris Musées

The Met Collection

Web Gallery of Art

Proxectos e centros de investigación

Centro Virtual Cervantes

Fundación Juan March

Proyecto sobre el Romancero Pan-Hispánico

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies