Lectura crítica en tempos de Coronavirus

0

Compostela, 5 de maio do 2020 – Un profesor da Universidade de Santiago impulsa a creación do  grupo virtual ‘Lectura crítica no tempo da COVID-19’.

A primeira sesión de este grupo de lectura crítica desenvolverase o 3 de xuño ás 18.00 horas e as inscricións poden realizarse no enderezo cesar.dominguez@usc.es.

Lecturas plurais para aprender

Promover lecturas plurais e interdisciplinarias na presente situación de confinamento para fomentar a aprendizaxe colectiva e o apoio mutuo é a finalidade do novo grupo. virtual ‘Lectura crítica no tempo da COVID-19’. A primeira xuntanza desta comunidade terá lugar o mércores 3 de xuño ás 18.00 horas a través de Microsoft Teams e, no transcurso da mesma, discutirase un texto de Michel Foucault sobre o panoptismo.

Lectura crítica en tempos de Coronavirus

Imaxe de Jose Antonio Alba en Pixabay 

“A comunidade virtual artéllase ao modo dos academic reading groups anglosaxóns, isto é, contribúe ao coñecemento de textos fundamentais da teoría crítica mediante a axuda mutua para a comprensión destes textos e a reflexión sobre as súas conexións cos acontecementos que estamos a vivir”, explicar o profesor da USC e impulsor da iniciativa, César Domínguez.

Para cada sesión, designarase unha persoa responsable de presentar un resumo da lectura proposta, seguida por unha reflexión sobre os puntos básicos de debate que suscita. A continuación, baixo a supervisión dun moderador, comeza a discusión colectiva.

A cada sesión de lectura poderá acceder un máximo de 20 persoas para asegurar, deste xeito, unha participación fluída. As sesións, as cales se celebrarán cada tres semanas, serán gravadas e atoparanse accesibles para todas as persoas da comunidade. A actividade diríxese a estudantes de grao da USC e, na mesma, tomarán parte especialistas convidados para a discusión dos textos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial