Localizar á velutina

0

Compostela, 5 de agosto do 2019 – A Universidade de Santiago desenvolve unha aplicación móbil que axudará a seguir a distribución da vespa velutina en Galicia.

A USC busca predicir o patrón de expansión que pode chegar a ter a avespa asiática. A Plataforma automatizada VeluMap axuda tanto na predición como na distribución, espacial e temporal, da velutina.

É unha aplicación operativa no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e accesible na web no enderezo http://webs-gis.cesga.es/velutina que xurde no contexto do convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para o ‘Estudo da problemática asociada a avespa velutina’. Esta plataforma está dispoñible de xeito gratuíto tanto para móbiles con sistema Android como IOS nas súas correspondentes plataformas de descarga.

VelumMap axuda na localización da velutinaCoñecer en tempo real onde se localiza a avespa e poder cruzar estes datos coas características ambientais actuais desas localizacións “permite mellorar o coñecemento da autoecoloxía da especie a producir mapas actualizados de como será a súa distribución en tempo practicamente real”, aclara o doutor Luís Rodríguez Lado, investigador responsable do traballo, no que tamén participou o técnico do Cesga Abraham Martínez Gracia. Como explica o doutor Lado, VeluMap está baseada no concepto de mostreo colaborativo, a partir do cal os seus usuarios poderán comunicar de xeito sinxelo a presenza de individuos e niños á plataforma de monitorización a través dun rexistro de observación no seu teléfono móbil.

A plataforma VeluMap recibe os datos enviados por usuarios /as e actualiza automaticamente as predicións de distribución agardada para a especie. Como engade Rodríguez Lado “supón un grande avance xa que, ademais de ter datos de presenza en tempo real, está dispoñible un medio para identificar a presenza de avespa asiática en lugares remotos, pouco accesibles ou con pouca poboación, nos que actualmente non existe certeza da súa presenza porque simplemente non se teña comunicado oficialmente”. O equipo destaca o interese do uso desta ferramenta na medida en que canta máis xente use VeluMap e achegue datos, máis información dispoñible haberá sobre a localización da velutina, ao tempo que “mellor serán os resultados dos modelos preditivos para coñecer a expansión e distribución desta especie invasora en Galicia”.

vesps da especie velutina en VedraAta agora o principal limitante á hora de producir modelos actualizados foi a dispoñibilidade de datos en tempo real e a necesidade de recorrer a datos históricos de comportamento da especie observados no pasado para elaborar posibles modelos cos que poder predicir a súa potencial distribución de cara ao futuro. Con VeluMap xa é posible dispoñer de estimacións e mapas de distribución fiables para analizar a colonización das avespa velutina en Galicia utilizando datos de presenzas comunicados por usuarios/as en tempo real.

Proceso

A partir do rexistro como usuario, as persoas que utilicen VeluMap deberán elixir entre engadir observacións de individuos illados ou niño. Así se inicia a captura de datos, proceso no que se introducirá a imaxe correspondente, ben realizando a foto no momento ou recuperando imaxes da galería. No caso de que exista dúbida sobre a identificación da especie, a aplicación conta cunha guía simplificada da Consellaría de Medio Ambiente que axuda a verificar que se trate dunha velutina.

Unha vez tirada a foto, poderanse engadir comentarios sobre o ambiente no que se atopa a especie, para posteriormente sinalar o emprazamento xeográfico da observación e outros datos de interese como hora ou clima na localidade no momento da observación. Todos os datos recompilados súbense a unha base de datos para o seu almacenamento. En VeluMap pódense consultar os datos de presenza rexistrados e os mapas de distribución potencial xerados polo sistema a partir das distintas observacións achegadas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial