De Museos coa USC e outros modos de pasar a corentena IV

0

Bisbarra, 1 de abril do 2020 – Seguimos incorporando a axenda un mundo de actividades culturais que facer e disfrutar a través da rede para pasar a corentena do mellor xeito posible.

En esta ocasión e a USC, a Universidade de Santiago, a que nos propón algunhas cousas para a corentena tan interesantes como saír de museos, ver cine galego ou escoitar ópera.

 “Conseguir que este tempo non caia sobre nós como unha lousa non ten que depender exclusivamente de que teñamos ou non plataformas que nos permitan ver series e filmes a esgalla”, afirman dende  A Área de Cultura da USC ao tempo que propoñen algunhas opcións

De Museos coa USC e outros modos de pasar a corentena IVMuseos

Os grandes museos do mundo permiten realizar percorridos, acceder a reportaxes especiais e consultar documentación sen necesidade de facer longas colas. Así, o Museo do Prado alberga propostas en liña con explicacións por parte de expertos, sobre obras senlleiras e artistas. Pola súa parte, o Museo do Louvre tamén ofrece reportaxes especiais sobre os fondos máis destacados que posúen.

Os Museos do Vaticano permiten visitas virtuais, incluída a Capela Sixtina, e o British Museum deixa que se explore, unha por unha, as cen salas que o integran. As Galerías Uffizi, o Metropolitan Museum of Art de New York, ou o Rijksmuseum de Amsterdam, son outras das opcións ás que se pode acceder de modo virtual. Ademais, na ligazón Museos de Galicia pode atoparse información de todos os museos e coleccións da comunidade.

Ópera e cinema

Metroplitan Opera de New York está a ofrecer cada día na súa web unha ópera en streaming gratuíto da súa colección ‘Live inHD’. No relativo ao cinema, a web Novo Cinema Galego ofrece dúas ducias de longametraxes e curtas que poden verse en liña e de balde.

Escola de teatro

A Escola de Teatro da USC acaba de retomar asemade as aulas de Dirección que se viñan impartindo no presente curso académico, ás que se suma tamén Interpretación. “Desde aquí queremos enviar un abrazo de ánimo a todos os colectivos universitarios que estaban traballando nos seus proxectos escénicos e aos que a presente situación sanitaria impuxo un parón”, sinalan os seus responsables.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial