займ срочно

A Orquestra Sinfónica da USC clausura este domingo o proxecto ‘Música en Camiño’

0

Compostela, 26 de outubro do 2019 –  O proxecto ‘Música en Camiño’, impulsado pola Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, botará o peche este domingo 27 de outubro, na Igrexa de San Francisco, a partir das 18.00, cun concerto da Orquestra Sinfónica da USC, baixo a dirección de Mario Diz.

No concerto, de entrada libre, a Orquestra da USC interpretará as pezas Abertura, de Ana Francisca da Silva; E vai xurdindo da noite a cibdá viva, de Nádia Carvalho; Sanctus Iacobus «Dum Pater Familias», de Ismael Amoedo; e Zoom Point, de Daniel Moreira e arranxos de Nádia Carvalho e Tania Pinho. O programa complétase coa Sinfonía nº8 de Schubert e a Obertura Egmont de Beethoven.

O proxecto ‘Música en Camiño’ permitiu a composición destas catro obras exclusivas para o proxecto, inspiradas no Camiño de Santiago, a cargo de xoves compositores galegos e portugueses das universidades de Porto, Minho e do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

A preparación e interpretación desas pezas foi levada a cabo pola Orquestra Sinfónica da USC nunha xira de concertos que percorreu o Camiño Portugués, a través de escenarios como a Catedral de Tui, ou a Basílica de Santa María de Pontevedra.

Esta iniciativa na que tamén se contou cunha masterclass da man do recoñecido compositor e músico portugués Cándido Lima, foi financiada pola Xunta de Galicia a través do plan ‘O teu Xacobeo’.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies