A NerdNite de novembro pon o foco nos aceleradores de partículas

0

Compostela, 13 de novembro do 2019 –  A NerdNite correspondente ao mes de novembro terá lugar hoxe mércores 13, na Nave de Vidán, a partir das 21.00 horas.

Nesta ocasión, todas as charlas científicas da NedNote xirarán en torno aos aceleradores de partículas e enmárcanse dentro da II Semana da Ciencia que impulsa o Instituto galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).

A profesora de Física Teórica da USC e investigadora do IGFAE, Elena González Ferreiro, pronunciará o relatorio ‘A física de partículas: por que é mellor construír un acelerador que un portavións?’. ‘Fast and furious… Ciclotróns, sincrotróns, colisores… Todos queren ser os meus amores’ será o título da intervención de Cibrán Santamarina, profesor de Física Atómica, Molecular e Nuclear da USC e investigador no experimento LHCb no IGFAE.

‘Os detectores de física de partículas ou como construímos cámaras de fotos ultra avanzadas’ é o título do relatorio do tamén profesor de Física Atómica, Molecular e Nuclear da USC e coordinador da participación do IGFAE no experimento LHCb, Abraham Gallas Torreira. Finalmente, a tamén investigadora do IGFAE, Alessandra Gioventù, intervirá neste monográfico dedicado aos aceleradores de partículas co relatorio ‘De como convertemos unha morea de datos en descubrimentos revolucionarios’.

As NerdNites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago de Compostela en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Esta iniciativa artéllase en base a pequenas charlas científicas onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial