A Universidade impulsa un programa de préstamo de material e de conexión á Rede

0

Compostela, 11 de maio do 2020 –  A USC deu luz verde este venres a un novo programa centrado no préstamo de material informático e conexión a rede.

A Universidade de Santiago traballa na procura de garantir que o alumnado con dificultades económicas e que careza dos medios precisos para o seguimento da docencia virtual, poda acceder á mesma, así como á correspondente avaliación. En total, a institución pon a disposición do seu alumnado 300 ordenadores portátiles, 150 dispositivos router con conexión a internet móbil 4G dotados de tarxeta SIM, 90 cámaras web e 500 plans de datos.

O material informático prestarase ata o 27 de xullo de 2020. Porén, en función das necesidades académicas, o alumnado beneficiario poderá solicitar motivadamente a prórroga deste préstamo. A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica, empregando o formulario normalizado e dirixíndoo á Xerencia da USC. As consultas sobre a convocatoria ou a presentación de solicitudes dirixiranse á Oficina Virtual de Atención a través do mail estudantado.oficinavirtual@usc.gal

As persoas beneficiarias deste servizo de préstamos deberán estar matriculadas nunha titulación oficial de grao ou mestrado durante o actual curso académico, non dispoñer de equipamento informático ou de conexión a servizos de internet, e acreditar dificultades económicas. O prazo de presentación de solicitudes contará desde o día seguinte da publicación no Taboleiro Electrónico e será de 5 días hábiles.

Medidas urxentes para frear a desigualdade

A resolución deixa patente que “o impacto económico da crise derivou en que unha parte do alumnado non dispoña de recursos económicos para facer fronte ao pago da conexión a servizos de internet e, por outra, a situación de confinamento da poboación supuxo a necesidade de contratar servizos que non precisarían en circunstancias ordinarias”. En consecuencia, a USC adoptou dende o primeiro momento medidas para garantir o acceso igualitario de todo o seu alumnado á docencia virtual. Neste senso, estableceu unha liña de axudas para sufragar os gastos derivados da conexión á Rede que xa vai pola segunda convocatoria e da que se beneficiaron, polo momento, preto de 800 persoas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial