займ срочно

Ourives de Compostela restaurará a Maza da USC

0

Compostela, 18 de xaneiro do 2020 – A Universidade de Santiago e a Asociación Ourives de Compostela asinaron un convenio marco de colaboración que inclúe a restauración da Maza da USC.

O convenio prevé o desenvolvemento de accións conxuntas en materia de investigación, documentación e extensión cultural naquelas áreas relacionadas cos fenómenos cuncheiro, prateiro, acibecheiro e bronceiro da cidade. Logo do acto de sinatura, representantes de ambas as dúas entidades mantiveron unha reunión de traballo na que se acordou a restauración da Maza da USC ao longo deste ano 2020.

Maza da USCEn primeiro lugar, acometerase un informe de avaliación da peza que permitirá establecer o procedemento de cara á súa restauración, con particular atención ao coidado dos materiais, integridade da peza e prazos de tempo. O traballo será executado por Julio Lado, ourive compostelán que en 2016 foi galardoado co Premio de Artesanía de Galicia en recoñecemento á súa traxectoria. O mazo da institución compostelá en prata sobredourada está datado entre 1805 e 1833. Esta peza antigamente empregábase en actos solemnes como a obtención do grao de Licenciado ou Doutor. Na actualidade, abre a procesión que precede aos actos solemnes da Universidade como son a apertura do curso, a celebración de Santo Tomé de Aquino e o investimento de profesorado doutor honoris causa.

Acto de sinatura

O reitor Antonio López Díaz e o presidente de Ourives Compostela, Arturo Ouro Hortas, asinaron o documento que define o marco de actuación entre ambas as dúas entidades, nun acto protocolario en San Xerome. O acordo contempla, entre outras iniciativas, a execución de proxectos e programas de investigación, divulgación e documentación, así como a cooperación en programas de formación de persoal docente e investigador e técnico ou a convocatoria de premios de investigación para traballos relacionados coa pratería, acibecharía e xoiería compostelá, dirixidos a alumnado que realice os seus traballos fin de grao ou mestrado ou teses de doutoramento.

Tamén se regula o asesoramento mutuo e a colaboración na organización e execución de actuacións de extensión. Este convenio marco terá unha vixencia de catro anos renovables automaticamente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies