A USC, sede da I Olimpíada Científica Xuvenil Española

0

Compostela, 17 de outubro do 2019 –  A USC acolle esta semana a fase estatal da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, certame destinado a fomentar e definir vocacións científicas.

Esta é a terceira vez, en máis de medio século de historia das olimpíadas científicas en España, en que a capital galega acolle a final estatal dun destes eventos, tratándose da edición inaugural desta Olimpíada Científica Xuvenil.

Durante catro xornadas, os participantes poñen a proba os seus coñecementos de matemáticas, bioloxía, física, química e ciencias da Terra nunha serie de exames que incluirán problemas, cuestións teóricas e probas experimentais. O certame comezou este mércores na Facultade de Matemáticas.

Ademais de Matemáticas, as Facultades de Bioloxía e Física, o Museo de Historia Natural, así como os centros singulares da USC en Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) e en Medicina Molecular (CiMUS) acollerán as distintas actividades que integran o programa do certame e no que se enmarcan conferencias dos profesores Gonzalo Álvarez, Alberto Bugarín, José Ramón Leis, Ángel Carracedo  e María José Alonso.

Éxito de participación

O acto de clausura e entrega de premios celebrarase no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o vindeiro sábado 19 de outubro. A primeira edición desta olimpíada científica, dirixida a alumnado da ESO, contou coa participación na súa fase autonómica de case un milleiro de estudantes de ata 15 anos, repartidos por todo o territorio español. En Galicia, houbo máis dun cento de participantes, procedentes de centros das catro provincias galegas.

Detrás da Olimpíada atópase QuinteScience, a asociación de antigos participantes nas olimpíadas científicas preexistentes. O grupo de mozos que a compón leva case unha década organizando eventos para a promoción do papel da ciencia na sociedade, tanto desde a perspectiva da divulgación como da educación.

Este novo proxecto inspírase na Olimpíada Científica Xuvenil Internacional, a cal conta cunha traxectoria integrada por quince edicións e, porén, aínda non fora implantada en España. Esta olimpíada destaca principalmente pola xuventude do seu público e o seu carácter interdisciplinario. Ademais, tal e como afirman dende a organización, outorga grande importancia ao traballo en equipo e ás habilidades dedutivas dos participantes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial