A USC suspende de forma cautelar a Luciano Méndez Naya

0

Compostela, 24 de outubro do 2019 – A Universidade de Santiago emitiu unha declaración institucional na que informa da suspensión cautelar do profesor Luciano Méndez Naya.

A suspensión de Luciano Méndez e o inicio dun procedemento sancionador derivado dos feitos acontecidos na Facultade de Ciencias Económicas. O profesor, según a denuncia dunha alumna, enviou a estudante ao fondo da clase facendo comentarios obscenos pola súa indumentaria e referíndose ao corpo da rapaza.

Según a nota da USC a contundencia e inmediatez da actuación vén derivada da gravidade dos feitos, a reiteración que se ten producido neste tipo de actuacións por parte de Luciano Méndez Naya, así como buscando garantir o bo funcionamento do servizo e evitar que se poidan repetir este tipo de situacións.

Esta decisión xa foi comunicada á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, así como á dirección do Departamento afectado, co obxectivo de que se adopten as medidas oportunas para que a docencia poida seguir impartíndose con normalidade por outros profesores á espera da resolución do procedemento sancionador, que será o que estude todas as probas pertinentes tanto da parte denunciante como da denunciada para achegar a oportunas garantías e unha resolución definitiva.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial