A Universidade pon en marcha USCénica 2020

0

Compostela, 1 de xullo do 2020  – O festival de artes escénicas USCénica 2020 bota a andar hoxe mércores e estenderase ata o vindeiro día 18.

USCénica abre con ‘Os cans non comprenden a Kandinsky’, a cargo da compañía AveLina Pérez e terá lugar na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño a partir das 20.30 horas. O  concerto de jazz a cargo de Pablo Sanmamed Trío, a partir das 21.45 horas, na terraza do auditorio da Universidade, completa a programación desta xornada inaugural.

As diferentes actuacións que integran o festival desenvolveranse, alén de na sala Roberto Vidal Bolaño e da terraza do auditorio, no Salón Teatro da Rúa Nova, mantendo sempre un aforo reducido. Todas as funcións serán ás 20.30 horas, mentres que os concertos desenvolveranse a partir das 21.45 horas. O programa completo do festival pode consultarse nesta ligazón.

A Universidade pon en marcha USCénica 2020As performers Helena Salgueiro, María Roja e Iria Sobrado, ou as compañías ‘Pisando ovos’, ‘Proxecto Cintaadhesiva’, ‘Borja Fernández’, ‘Incendiaria’, ‘Butaca Zero’, ‘A quinta do cuadrante’, ‘Kirenia Danza’ ou ‘Compañía IO’ nutren a oferta deste festival de artes escénicas.

“Galicia precisa da cultura”

Onte martes o reitor Antonio López mantivo un encontro coas compañías participantes no que quixo deixar constancia de que “Galicia precisa da cultura”. Na súa intervención e acompañado pola vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, o reitor deixou patente que “na USC temos a fortuna e, ao tempo, a responsabilidade de ter sido testemuñas e protagonistas de máis de cinco séculos de manifestacións culturais en Galicia e no mundo. Somos gardiáns do patrimonio cultural pero tamén axentes dinamizadores e responsables de manter a cultura viva en todas e cada unha das súas expresións”.

Butaca 0

A totalidade da recadación irá destinada á asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela. Neste senso, é posible adquirir unha butaca 0, o que permitirá contribuír a esta causa aínda que non se asista a ningunha función do festival. As entradas só poden retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas. O acceso ás funcións programadas na terraza do Auditorio da Universidade é gratuíto ata completar aforo. O acceso ás funcións da sala de teatro Roberto Vidal Bolaño e no Salón Teatro teñen un prezo de 3 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial